SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Outra foto
Abr 30th, 2009 by Fendetestas

Diego propón outra adiviña, onde se atopa esta porta da foto?

Na inscrición pode lerse:

FERDINAN    DVS ROM
GERMAN     HVNGAR
BOEM ZC     REX INFA
HISP ARC    HI AVSTR
DVX BVR    GVND ZC
ANNO     M D LII

PISTAS:

1.- O texto debe dicir algo semellante a isto:

Ferdinandus Romanorum Germaniae Hungariae Boemiae etc. Rex Infans Hispaniae Archidux Austriae Dux Burgundiae etc. Anno MDLII.

2.- O Fer(di)nando que aparece tiña como lema a seguinte frase latina: Fiat iustitia et pereat mundus.

3.- Acumulou moitos títulos, pero aínda máis fillos… cando menos lexítimos!!!

4.- Esta porta recibe o nome da garda persoal deste emperador e que aínda hoxe en día é o corpo de seguridade do xefe do estado máis pequeno do mundo.

Ben, polo de agora xa ides servidas e servidos para a ponte-fin de semana…

Outra…
Abr 25th, 2009 by Fendetestas

Vexo que sodes quen de adiviñalas todas… así que vos envío un saúdo dende a costa xunto con esta adiviña mariñeira:

MITTO TIBI NAVEM PRORA PUPPIQUE CARENTEM

mitto,-is,-ere: enviar

tibi: dat sg. pron. 2º pers.

navis,-is: nave, barco

prora,-ae: proa

puppis,-is: popa

-que: conx copulativa postposta

carens,-ntis: part. pres. do verbo careo,-es,-ere: carecer, faltar

que vos envío?

***

E agora, quen pode adiviñar a que canción pertence esta estrofa?

LAC BOVEM HABEO FERENTEM

PRAE CETERIS EXCELLENTEM

DONAT MIHI LAC COAGULATUM

O PRODIGIUM VENUSTATUM…

Imos xogar ás adiviñas
Abr 22nd, 2009 by Fendetestas

A ver quen resolve esta adiviña:

EGO SUM PRINCIPIUM MUNDI ET FINIS SAECULORUM.

SUM UNUS ET TRINUS, SED NON SUM DEUS… QUID SUM?

Veña… a fender a testa!!!

Clase de latín
Abr 21st, 2009 by Fendetestas

La vida de Brian (Monty Python’s The Life of Brian), Terry Jones, HandMade Films, 1979

ROMANES EUNT DOMUS

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/HA5VKgGtra4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ROMANI ITE DOMUM

Cales son as correccións que fai o centurión e por que?

Na procura da imaxe perdida!
Abr 19th, 2009 by Fendetestas

Para os que vides de consultar o blogue  Historias nas Lamas de Ciencias Sociais aquí vos deixo algunha axuda para averiguardes onde se atopa a imaxe que propón Diego:

Primeiro vos transcribo a inscrición:

AMPLISSIMAS AEDES
QVAS PRO REGIA DIGNITATE
PHILIPPVS III REX MAX(IMVS)
PACIS ET JVSTITIAE CVLTOR
EXFACIENDAS JVSSIT
FERDINANDVS DE CASTRO LEMENSIVM COMES
CATHERINA ZVNICA ET SANDOVAL
INTER HEROINAS
INGENIO ET ANIMI MAGNITVDINE PRAECLARA
ET FRANCISCVS FILIVS
IN HOC REGNO PROREGES OPTIMI
AEDIFICANDAS CVRARVNT
ANNO D(OMINI) MDCII

Amplissimas aedes quas pro regia dignitate Phillippus III Rex, maximus pacis et iustitiae cultor, exfaciendas iussit. Ferdinandus de Castro, Lemensium Comes, Catherina Zunica et Sandoval, inter heroinas ingenio et animi magnitudine praeclara et Franciscus filius in hoc regno proreges optimi aedificandas curaverunt anno Domini MDCII.

Traducir… xa o deixo nas vosas mans, pero vaia, cun dicionario de latín podedes entender algunha que outra cousa ou buscar algún que outro nome.

Pista 1: o FERDINANDVS DE CASTRO que aparece na inscrición ten a súa orixe nobiliaria nunha vila forte próxima á nosa e foi quen ordenou a construción do edificio onde se atopa a inscrición.

Pista 2: o seu primoxénito e sucesor, moi preocupado pola situación dos indíxenas de América, mesmo lle solicitou nunha ocasión ao Rei Felipe III a liberdade dos indios.

Pista 3: este fillo, que herdou os seus títulos, foi mecenas do escritor en español máis lido, con dous apelidos moi galegos por certo, a quen lle adicou a segunda parte da súa ‘enxeñosa’ novela.

Pista 4: o outro fillo, ese FRANCISCVS, herdou despois as posesións, cargos e mesmo o título de conde (COMES) que agora pertence a Cayetana Fitz-James Stuart e De Silva.

Pista 5: o autor de “El sí de las niñas” fala, nun libro de viaxes, do edificio que ten esa inscrición.

Pista 6: o nome da cidade na que se atopa o edificio sería equivalente á nosa Vilanova.

Pista 7: e, xa a definitiva… mirade aquí unha vista xeral do edificio que ten a placa conmemorativa.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa