SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Milliarium de Maximino II en Pontevedra.
Mai 31st, 2012 by Fendetestas

O alumnado de Latín e Grego estivemos nas ruínas de San Domingos en Pontevedra aproveitando a visita á exposición Orixes, cinco eventos na evolución humana.

Estas foron as cuestións propostas para traballar.

 

1. Que é un miliario e porque se chama así?
2. Aquí tes a transcrición coas letras que aparecen no miliario e a súa tradución literal. Subliña as que poidas ler claramente in situ.

3. Completa agora o texto (en cada cadro branco unha letra) e ten en conta que está todo en Dativo singular, xa que na tradución hai que supo un “dedicado a…”

4. Xa na casa, averigua quen foi este emperador chamado Gaius Galerius Valerius e coñecido tamén como Maximinus Daia ou Daza. Onde naceu, en que territorio gobernou, durante que anos, canto tempo, en que circunstancias morreu? www.bit.ly/LES4Qp

5. Fíxate na moeda e subliña as letras que recoñeces nas abreviaturas dos títulos do emperador.

IMPERATOR CAESAR GAIUS GALERIUS VALERIUS MAXIMINUS PIUS FELIX INVICTUS AUGUSTUS

 

6. Averigua o significado de cada un dos títulos usados por este emperador:

7. E por último, unha vez comprendida a inscrición, atopa o erro que hai no panel explicativo:

Información:

  • http://www.blogoteca.com/arqueoloxia/index.php?cod=8073
  • http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/31/5504730.shtml
Xa estamos aquí…
Set 30th, 2009 by Fendetestas

… e para “celebrar” o regreso ás aulas propóñovos este novo enigma.

Hai pouco estiven diante desta inscrición en latín. Cómpre que averigüedes onde se atopa e que significa. Non é doado.

chantada-02

Esta é a transcrición. Enténdese ben, non? está practicamente en galego…

TERRIBILIS EST LO

CUS ISTE. HIC DO

MUS DEI EST ET

PORTA CŒLI

ANNO MDCCC

XVIII

É dicir:

Terribilis est locus iste. Hic domus Dei est et porta coeli. Anno MDCCCXVIII

Xa sabedes que está nun lugar “terrible”, na casa de Deus e na porta do ceo e que o edificio no que se atopa foi construído no ano…

  • Que significará ese terribilis?
  • Ten algo que ver este enigma con algún código?
  • Xénese, 28, 17
Busca e rebusca…
Mai 20th, 2009 by Fendetestas

Dende Historias na Lama, Diego nos propón outro enigma. Quen é o personaxe da foto e onde se atopa o seu busto?

busto_inv269

Eu só vos vou dar un par de pistas.

1. O texto da inscrición di o seguinte:

ΠΕΡΙΚΛΗΣ    ΞΑΝΘΙΠΠΟΥ   ΑΘΗΝΑΙΟΣ

Nos vos será difícil ler este alfabeto a aqueles que non o coñezades.

Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica xa saben que todo iso é o nome completo do personaxe.

  • A primeira palabra é o nome propio, que adoitaba ser o do avó paterno.
  • A segunda viría sendo o patronímico, é dicir como o noso apelido paterno, que está en Xenitivo e se entendería como “fillo de”. Algo como os nosos sufixos -es (Fernandes: fillo de Fernando), -is (Pais: fillo de Paio), -ez (Vázquez: fillo de Velasco ou Vasco) ou os doutras linguas: xermánico von (Erich von Stroheim), anglosaxón son (Peterson) ou prefixo Fitz– (Fitzgerald); eslavo ov para varóns (Petrov) e –ova para as mulleres (Navratilova), italiano –ini (Mussolini), gaélico Mac para eles e Nic para elas (MacDhòmhnaill e NicDhòmhnaill ‘traducidos’ ao inglés como McDonald), en árabe e hebreo ben ou bin (Ben Hur, Bin Laden), etc.
  • E a terceira palabra fai referencia ao demos, á vila de onde procede.

2. Sufriu un proceso de desterro que se coñece como ostracismo, porque a votación se realizaba escribindo o nome do imputado nun óstrakon (ὄστρακον), en principio unha cuncha de molusco, e despois un anaco de cerámica reutilizada como o da foto.

sherd_agora_mus

3. Como derradeira pista unha caricatura do personaxe que vos pode dar algunha clave sobre os seus inimigos políticos:

vineta

Outra foto
Abr 30th, 2009 by Fendetestas

Diego propón outra adiviña, onde se atopa esta porta da foto?

Na inscrición pode lerse:

FERDINAN    DVS ROM
GERMAN     HVNGAR
BOEM ZC     REX INFA
HISP ARC    HI AVSTR
DVX BVR    GVND ZC
ANNO     M D LII

PISTAS:

1.- O texto debe dicir algo semellante a isto:

Ferdinandus Romanorum Germaniae Hungariae Boemiae etc. Rex Infans Hispaniae Archidux Austriae Dux Burgundiae etc. Anno MDLII.

2.- O Fer(di)nando que aparece tiña como lema a seguinte frase latina: Fiat iustitia et pereat mundus.

3.- Acumulou moitos títulos, pero aínda máis fillos… cando menos lexítimos!!!

4.- Esta porta recibe o nome da garda persoal deste emperador e que aínda hoxe en día é o corpo de seguridade do xefe do estado máis pequeno do mundo.

Ben, polo de agora xa ides servidas e servidos para a ponte-fin de semana…

Na procura da imaxe perdida!
Abr 19th, 2009 by Fendetestas

Para os que vides de consultar o blogue  Historias nas Lamas de Ciencias Sociais aquí vos deixo algunha axuda para averiguardes onde se atopa a imaxe que propón Diego:

Primeiro vos transcribo a inscrición:

AMPLISSIMAS AEDES
QVAS PRO REGIA DIGNITATE
PHILIPPVS III REX MAX(IMVS)
PACIS ET JVSTITIAE CVLTOR
EXFACIENDAS JVSSIT
FERDINANDVS DE CASTRO LEMENSIVM COMES
CATHERINA ZVNICA ET SANDOVAL
INTER HEROINAS
INGENIO ET ANIMI MAGNITVDINE PRAECLARA
ET FRANCISCVS FILIVS
IN HOC REGNO PROREGES OPTIMI
AEDIFICANDAS CVRARVNT
ANNO D(OMINI) MDCII

Amplissimas aedes quas pro regia dignitate Phillippus III Rex, maximus pacis et iustitiae cultor, exfaciendas iussit. Ferdinandus de Castro, Lemensium Comes, Catherina Zunica et Sandoval, inter heroinas ingenio et animi magnitudine praeclara et Franciscus filius in hoc regno proreges optimi aedificandas curaverunt anno Domini MDCII.

Traducir… xa o deixo nas vosas mans, pero vaia, cun dicionario de latín podedes entender algunha que outra cousa ou buscar algún que outro nome.

Pista 1: o FERDINANDVS DE CASTRO que aparece na inscrición ten a súa orixe nobiliaria nunha vila forte próxima á nosa e foi quen ordenou a construción do edificio onde se atopa a inscrición.

Pista 2: o seu primoxénito e sucesor, moi preocupado pola situación dos indíxenas de América, mesmo lle solicitou nunha ocasión ao Rei Felipe III a liberdade dos indios.

Pista 3: este fillo, que herdou os seus títulos, foi mecenas do escritor en español máis lido, con dous apelidos moi galegos por certo, a quen lle adicou a segunda parte da súa ‘enxeñosa’ novela.

Pista 4: o outro fillo, ese FRANCISCVS, herdou despois as posesións, cargos e mesmo o título de conde (COMES) que agora pertence a Cayetana Fitz-James Stuart e De Silva.

Pista 5: o autor de “El sí de las niñas” fala, nun libro de viaxes, do edificio que ten esa inscrición.

Pista 6: o nome da cidade na que se atopa o edificio sería equivalente á nosa Vilanova.

Pista 7: e, xa a definitiva… mirade aquí unha vista xeral do edificio que ten a placa conmemorativa.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa