SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Locucións e aforismos latinos
Mar 20th, 2013 by Fendetestas

A proposta de traballo consiste en recompilar información sobre algunhas locucións latinas de uso actual. Pode tratarse de palabras ou frases que nós usamos na nosa lingua con un significado concreto. O que fixemos foi agrupar algunhas de entre as que vos piden para o exame de selectividade pero seguindo un criterio morfolóxico: palabras de cada declinación, verbos, sintagmas nominais formados por subs. + adx. ou subs + C.N., sintagmas preposicionais e frases.

  1. mea culpa
  2. persona non grata
  3. auditorium
  4. campus
  5. facta non verba
  6. numerus clausus
  7. peccata minuta
  8. referendum
  9. totum revolutum
  10. ultimatum
  11. verbi gratia
  12. corpore insepulto
  13. gratis et amore
  14. homo homini lupus
  15. o tempora! o mores!
  16. panem et circenses
  17. rara avis
  18. sui generis
  19. Urbi et orbi
  20. viva voce
  21. cursus honorum
  22. in situ
  23. lapsus calami / lapsus linguae
  24. lato sensu
  25. manu militari
  26. motu proprio
  27. stricto sensu
  28. ante meridiem / post meridiem
  29. sine die
  30. accesit
  31. alea iacta est
  32. carpe diem
  33. cave canem
  34. cogito, ergo sum
  35. deficit
  36. habeas corpus
  37. magister dixit
  38. nota bene
  39. superavit
  40. vade mecum
  41. veni, vidi, vici
  42. ab aeterno
  43. ad hominem
  44. ad kalendas graecas
  45. ad libitum
  46. ad multos annos
  47. ad pedem litterae
  48. contra naturam
  49. cum laude
  50. de facto
  51. de incognito
  52. de iure
  53. ex aequo
  54. ex cathedra
  55. ex libris
  56. ex profeso
  57. extra muros
  58. in aeternum
  59. in albis
  60. in articulo mortis
  61. in dubio pro reo
  62. in extremis
  63. in itinere
  64. in memoriam
  65. in mente
  66. in pectore
  67. in saecula saeculorum
  68. in vino veritas
  69. in vitro
  70. per capita
  71. post data / post scriptum
  72. post mortem
  73. primus inter pares

  74. sine cura
  75. sub iudice
  76. alma mater
  77. bona fide
  78. casus belli
  79. corpus delicti
  80. curriculum vitae
  81. dura lex sed lex
  82. grosso modo
  83. honoris causa
  84. intelligentibus pauca
  85. mare magnum
  86. mare nostrum
  87. summum ius, summa iniuria
  88. vox populi
  89. mens sana in corpore sano

  90. S.P.Q.R. (Senatus Populusque Romanus)
  91. sic transit gloria mundi
  92. sit tibi terra levis (S.T.T.L.)
  93. tempus fugit
  94. verba volant, scripta manent
  95. vice versa
  96. doctor honoris causa
  97. errare humanum est
  98. nihil novum sub sole
  99. primum vivere, deinde philosophare
  100. R.I.P. (requiescat in pace)
  101. homo homini lupus

Vos deberedes explicar o seguinte:

  1. Locución
  2. Análise morfolóxica (caso, xénero, número, tempo, modo, función)
  3. Significado e uso actual
  4. Escribir unha frase en galego ou castelán na que quede ben claro o seu uso.
  5. Atopar en internet material escrito, imaxes, títulos, empresas comerciais, referencias, vídeos, cancións, logotipos, lemas, emblemas, escudos… o que se vos ocorra… en que apareza a locución ou palabra latina.
  6. Interesan especialmente exemplos na prensa. Podedes aproveitar para lela nestas vacacións 😉 ou usar os buscadores que cada xornal ofrece na súa páxina principal:

Escollede artigos que vos chamen a atención por algunha razón e non esquezades Ctrl+F para atopar unha frase nun documento do explorador de internet. De cada artigo necesitaremos:

AUTOR, Título, Xornal, data e <enlace url>

Seleccionade o parágrafo no que apareza a locución e pegádeo.

Resultan “dignos” de mención aqueles exemplos de mal uso da locución (id est: a grosso modo no canto de grosso modo ou ex proceso por ex profeso) que con frecuencia se escoitan e mesmo se len por aí. Podedes colocar a imaxe, vídeo, logo, ou o enlace url.

O resultado da vosa investigación debe quedar reflectida nos comentarios que despois iremos publicando (un para cada unha das locucións que escollades, mínimo 4). A medida que as vaia recibindo e publicando marcarémolas en vermello (como grosso modo) para que escollades outras

Picade aquí para ver un exemplo de como elaboralo e presentalo.

Non esquezades consultar: http://it.wikipedia.org/wiki/Locuzioni_latine

E lembrade…

 

Para traballar con estas locución podemos facer unha actividade como esta.

Ifixenia en Áulide
Feb 5th, 2013 by Fendetestas

Esta é a obra que temos que ler para preparar a asistencia á representación teatral que iremos ver a Lugo o vindeiro martes día 5 de marzo, Ifixenia en Áulide (Ἰφιγένεια ἐν Αὐλίδι) de Eurípides, representada polo grupo de teatroNoite Bohemia” do IES Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta, na Coruña.

 

 

Como vén sendo tradición e para podermos avanzar na súa lectura, teredes que facer un «pequeno» traballo. Moitos dos libros que adoitades ler durante o curso teñen notas a pé de páxina pensadas para facilitar a comprensión da obra. A edición que tedes nas mans conta cunha boa introdución e guía didáctica pero carece de notas puntuais a pasaxes do texto. Vós seredes quen de anotar esta tradución seguindo as indicacións que vos imos dar.

Primeiro un pouco de información adicional que vos pode axudar a comprender a obra, o autor e a época.

fresco do sacrificio de Ifixenia. Pompeia, casa do Poeta Tráxico. Museo Nacional de Arqueoloxía de Nápoles

REPERCUSIONES POSTERIORES SOBRE O MITO DE IFIXENIA NA LITERATURA, MÚSICA E CINE.

Para ir abrindo boca, en youtube hai unha representación en varios fragmentos da obra polo grupo de teatro Ares do IES Mediterráneo de Cartaxena.

Pronto vos proporcionaré a guía para facerdes o traballo sobre a lectura.

mosaico do sacrificio de Ifixenia atopado en Empúries, Girona


καλή χρονιά
Xan 3rd, 2010 by Fendetestas

Aquí vos deixo esta felicitación de aninovo, cortesía de Agamador, que eu recibín de Ricardo Martín e tamén vin no blogue de Álvaro. Tomeime a liberdade de facerlle algún engadido…

NovumAnnumMMX

E esta é a nosa felicitación de aninovo…

Homero e Joma
Dec 4th, 2009 by Fendetestas

Nesta ocasión quérovos presentar o traballo dun grande da ilustración: Joma.

Publica semanalmente na revista Magazine que se distribúe as fins de semana con xornais como La Vanguardia, Faro de Vigo, La Opinión da Coruña

logo magazine

Logo dunha serie de viñetas-reflexión sobre o libro, dende o ano 2007 vén aparecendo unha ilustración semanal na que conta un episodio dos poemas épicos de Homero. Xa rematou a historia de Odiseo e agora podemos ver a súa versión da Ilíada. Pero, aparte do seu trazo e uso da acuarela, o que fai que o citemos aquí é que utiliza o texto grego orixinal como parte do deseño e, así, as palabras de Homero tamén debuxan.

Mirade este exemplo da Odisea

2007_12_30 Polifemo, como un león, se come a los hombres de Odiseo

  • Ὥς ἐφάμην, ὁ δέ μ᾽ οὐδὲν ἀμείβετο νηλέι θυμῷ, ἀλλ᾽ ὅ γ᾽ ἀναΐξας ἑτάροις ἐπὶ χεῖρας ἴαλλε, σὺν δὲ δύω μάρψας ὥς τε σκύλακας ποτὶ γαίῃ κόπτ᾽· ἐκ δ᾽ ἐγκέφαλος χαμάδις ῥέε, δεῦε δὲ γαῖαν. τοὺς δὲ διὰ μελεϊστὶ ταμὼν ὡπλίσσατο δόρπον· ἤσθιε δ᾽ ὥς τε λέων ὀρεσίτροφος, οὐδ᾽ ἀπέλειπεν, ἔγκατά τε σάρκας τε καὶ ὀστέα μυελόεντα.

Odisea IX, vv. 287-292

  • Así eu lle falei, e el, con corazón implacable, nada me respondeu; mais ergueuse dun salto e, botando man ós meus compañeiros, agarrou a dous deles a un tempo, coma quen colle uns cadeliños, e esmagounos sen máis contra o chan. E os seus miolos para fóra corrían e mollaban a terra. De seguida, sortounos membro òr membro e preparouse con eles a cea. E, coma un león, criado nos montes, comeunos e nada deles deixou, nin entrañas, nin carnes nin ósos cheos de medula.

Tradución de Evaristo de Sela

Pois, como o alumnado de 2º de BAC ten como lectura obrigatoria a Ilíada e os de 1º unha versión da Odisea, vos propoño o seguinte:

  1. Por suposto, ler cadaquén a súa obra.
  2. Escoller un episodio do poema épico que leades e que vos guste e atopar as viñetas de Joma que aluden ao mesmo. Aquí vos deixo o enlace do Magazine onde aparecen. Teredes que ir buscando na barra numerada de abaixo porque só aparecen tres viñetas por páxina.
  3. Xa que a resolución na que aparecen na web non permite ler o texto, quero que o busquedes vós. En galego ou castelán está ben, pero en grego, como fixo Joma, xa sería ideal. Tedes varias opcións: a máis sinxela é localizar o texto nunha tradución ao castelán ou galego e, vendo o canto e os versos, buscalos na Biblioteca Augustana ou en Lato.

Isto é o que eu fixen coa viñeta de Polifemo que vedes arriba. Bueno, a ver que dades feito vós.

Edipo de Tebas was here
Out 8th, 2009 by Fendetestas

sinal stop-siga en Labancegos, Moeche (A Coruña)

Recoñecedes o sitio? Si, efectivamente, é o cruce onde Edipo se atopou co seu pai Laio e este sinal foi o motivo da disputa que deu lugar á morte do vello.

Isto aconteceu en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña) e a foto é de María Luaces… publicada na xa coñecida sección de Chapuzas do ano 2008 da voz de Galicia.

Xa sabedes como continúa a historia…

edipofendetestas.stripgenerator.com

Podemos completar a historia se escoitamos a interpretación de Les Luthiers.


Les Luthiers – epopeya de Edipo de Tebas, cantar bastante de gesta

Aquí vos deixo algunhas visións gráficas do mito:

Busca e rebusca…
Mai 20th, 2009 by Fendetestas

Dende Historias na Lama, Diego nos propón outro enigma. Quen é o personaxe da foto e onde se atopa o seu busto?

busto_inv269

Eu só vos vou dar un par de pistas.

1. O texto da inscrición di o seguinte:

ΠΕΡΙΚΛΗΣ    ΞΑΝΘΙΠΠΟΥ   ΑΘΗΝΑΙΟΣ

Nos vos será difícil ler este alfabeto a aqueles que non o coñezades.

Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica xa saben que todo iso é o nome completo do personaxe.

  • A primeira palabra é o nome propio, que adoitaba ser o do avó paterno.
  • A segunda viría sendo o patronímico, é dicir como o noso apelido paterno, que está en Xenitivo e se entendería como “fillo de”. Algo como os nosos sufixos -es (Fernandes: fillo de Fernando), -is (Pais: fillo de Paio), -ez (Vázquez: fillo de Velasco ou Vasco) ou os doutras linguas: xermánico von (Erich von Stroheim), anglosaxón son (Peterson) ou prefixo Fitz– (Fitzgerald); eslavo ov para varóns (Petrov) e –ova para as mulleres (Navratilova), italiano –ini (Mussolini), gaélico Mac para eles e Nic para elas (MacDhòmhnaill e NicDhòmhnaill ‘traducidos’ ao inglés como McDonald), en árabe e hebreo ben ou bin (Ben Hur, Bin Laden), etc.
  • E a terceira palabra fai referencia ao demos, á vila de onde procede.

2. Sufriu un proceso de desterro que se coñece como ostracismo, porque a votación se realizaba escribindo o nome do imputado nun óstrakon (ὄστρακον), en principio unha cuncha de molusco, e despois un anaco de cerámica reutilizada como o da foto.

sherd_agora_mus

3. Como derradeira pista unha caricatura do personaxe que vos pode dar algunha clave sobre os seus inimigos políticos:

vineta

Banda deseñada
Abr 12th, 2009 by Fendetestas

Para traducirdes vós e practicarmos o relativo, os pronomes e máis os aoristos.

ὁ δοῦλος

Este volo traduzo eu pero quero que busquedes e analicedes os participios:

ή πορδήUn peido pode matar unha persoa se non ten saída
-Ai de min!

-Polo verdadeiro Baco, non me aganto!

Un peido tamén pode salvar cando sae coa súa melodía tatexa
-Ufff…
-Pr-pr-pr-preeeep!!

***

***

Máis documentación acolá e contracolá

shirts_03

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa