SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Seat Exeo
Abril 11th, 2009 by Fendetestas

 

EXEO, do verbo latino exire, ‘saír, partir, irse dun sitio’ e, neste contexto ‘viaxar’.

Pica aquí para leres a explicación da compañía Seat sobre o nome do coche.

***

E agora o anuncio de televisión…

CY-fWamaoug


ACTIVIDADES

  1. Que personaxes da Odisea aparecen no vídeo?
  2. Atopas algún erro cando citan a cada personaxe? A versión francesa ou a inglesa do anuncio, se cadra, está mellor.
  3. Tes escoitado a publicidade na radio? Tamén ten un erro na tradución do verbo exeo, como o traducen?
  4. Hai unha palabra que moita xente pensa que é inglesa pero que é xenuinamente latina, e é a terceira persoa do singular do presente de indicativo do mesmo verbo latino que lle dá nome ao coche. Sabes cal é?
  5. Que adoitaba utilizar SEAT para denominar os seus modelos de coches? Pon exemplos. Hai uns anos houbo, en Galicia, unha polémica co nome dun deles. Lembras cal e por que?
  6. Averigua de quen é o poema que se escoita? Busca o autor e o poema completo, aquí che deixo unha pista envelenada. Despois de lelo, resúmeo nunha idea.
  7. Non che será difícil atopar en youtube (re)interpretacións dese poema. Copia os enlaces e comenta a que máis che interesase.
  8. Atopa outros referentes actuais sobre este mito, p.e. Ulysses de Franz Ferdinand.
  9. Busca outros modelos de coches que teñan relación co mundo clásico… douche un no que se cadra xa pensaras ti: o Renault Clío (musa da Historia).
  10. Investiga por que lles puxeron eses nomes.

Envía as respostas ao meu enderezo electrónico ou déixaas nos comentarios

Aquí outro automóbil mitolóxico con animación ao estilo Ray Harryhausen

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qeqpHGhYLRw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

  1. Que personaxes aparecen no anuncio?
  2. De que obras da literatura están extraídos e en que pasaxes aparecen?
  3. Que símbolos e atributos divinos puideches ver?
  4. Quen foi Ray Harryhausen? Que películas fixo?
  5. Busca algún fragmento mitolóxico das súas pelis en youtube.

Outro vídeo do Seat Exeo


5 Responses  
  • Ana writes:
    Abril 11th, 200909:37at

    Es una propuesta de actividades interesante, gracias por compartirla. Ese anuncio está dando mucho juego, aunque escuchar las palabras de Cavafis como reclamo publicitario casi parece un sacrilegio.

  • fendetestas writes:
    Abril 12th, 200915:05at

    Gracias Ana, hace poco tiempo que navego por estos mares y me satiface que una auténtica experta y referente para mi sea tan amable. Só persigo o voso ronsel…

  • fendetestas writes:
    Maio 4th, 200921:34at

    Astrid, as que fixeches vanche ben. Parabéns.

    Pero, por exemplo, non deches coa pregunta 4. Se cadra non a expliquei ben: é unha palabra latina que se usa, sobre todo en inglés, e que deriva do verbo ‘exeo’ e forma parte do mesmo campo semántico.

    Ollo que o deus mariño débese transcribir Posidón e non Poseidón. A razón tela na páxina 28 do libro de texto, no apartado transcrición (abaixo).

    Na 8 se trataría de buscar autores e/ou obras de arte que utilicen o mito de Odiseo. Eu puxen un exemplo moi actual, Franz Ferdinand, pero poden ser de calquera época.

    Fáltanche o comentario da 7 e as preguntas 9 e 10. Se cadra cortouse a mensaxe por aí (?)

  • cristian writes:
    Maio 7th, 200917:45at

    valen grupos de música para a pregunta 8?

  • fendetestas writes:
    Maio 7th, 200918:55at

    Si Cristian, como non: grupos, intérpretes, cancións, etc. sempre que utilicen no seu nome ou nas letras algún elemento da Odisea que, por outra parte, xa coñecedes perfectamente… ;-D
    Pero tamén outras manifestacións artísticas como p.e.: pintura, escultura, cine, banda deseñada (cómic), poesía… Xa sabes, googlelízate!

    Hai alguén que poida localizar o anuncio radiofónico? Eu non o dei atopado.


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa