SIDEBAR
S
I
D
E
B
A
R
bánner – enlázanos
Xaneiro 2nd, 2010 by Fendetestas
Se os contidos deste blogue che parecen interesantes podes animarte a crear o teu propio:
Se queres, infórmate antes sobre que é un blogue e como se crea clicando aquí.
Eu comecei, como quen di, dende cero e vou aprendendo de forma autodidacta aos poucos, vendo aquí, mirando aló e sobre todo observando aos que saben disto: consulta os que aparecen no apartado “blogues clásicos”.
Para facer enlaces, algunhas webs e blogues proporcionan os seus propios bánneres para seren enlazados. Por exemplo, se queres enlazarnos abre o espazo asignado para os widgets no teu blogue e escolle o modo TEXTO:
Tamén podes facer os teus propios bánneres para enlazar a outros blogues ou páxinas que che interesen.  Para isto precisas copiar, modificar ou crear unha imaxe que podes aloxar, por exemplo, en flickr ou calquera outra páxina de imaxes. Tamén che vale calquera imaxe da web ou do blogue que queiras enlazar: se colocas o punteiro sobre a mesma e lle das ao botón dereito, podes escoller “copiar ruta da imaxe” ou “ver imaxe” e ao abrirse a nova páxina basta con que copies o seu enderezo.
Copia o seguinte texto no espazo asignado para os widgets no teu blogue
e substitúe as palabras en vermello polos enderezos do blogue e da imaxe e o texto que queres que apareza ao achegar o punteiro do rato ao bánner.
Por certo, se copias o noso para nos enlazar, agradeceríache que nolo dixeses nos comentarios para sabelo e sobre todo para facer o mesmo…
Comments are closed
»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa