SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Blogs en Χείρων·Chiron
Novembro 12th, 2009 by Fendetestas

Ben rapazas e rapaces… ímonos facer socios de Χείρων, un espazo onde profesorado e alumnado de clásicas compartimos ideas, materiais, propostas, etc… Aquí podedes ler en que consiste.

Pensei que o voso traballo non debe pasar desapercibido para o mundo e por iso vos invito a vos asociar.

Todos sabemos  quen foi este centauro

James Barry, a educación de Aquiles, 1772

e nós imos aproveitarnos das súas benéficas ensinanzas para acceder ao mundo quironiano.

Para vos asociar, podedes entrar neste índice de blogues no que se publican diariamente as anotacións de cada un de nós. Na columna da esquerda aparecen as bitácoras de profes, ordenadas segundo se foron asociando e debaixo as de estudantes e institucións.

Non teñades reparos porque os vosos blogues estean en galego, ao contrario. Veredes que somos lingüisticamente tolerantes, como non podía ser menos, e que pronto entenderedes e usaredes tamén os escritos noutras linguas. Trátase de compartir e participar.

Para rexistrarvos tedes que entrar neste formulario e enchelo cos vosos datos. En asunto podedes poñer “asociarme a Chirón” e, en mensaxe escribide que sodes estudantes de grego e latín do IES… etc.

Despois recibiredes no voso correo unha mensaxe de benvida e as instrucións para colocar no voso blogue a imaxe seguinte que serve de enlace coa páxina do centauro:


2 Responses  
  • Sabela Corbelle writes:
    Novembro 29th, 200919:16at

    Ola. Chámome Sabela Corbelle e traballo en El Progreso como xornalista. Estou a facer unha reportaxe sobre blogs de Lugo e este paréceme moi interesante. Quixera poñerme en contacto co autor. Por favor, escribídeme canto antes (scorbelle@elprogreso.es) ou chamádeme.

    Grazas

  • álvaro writes:
    Decembro 12th, 200917:52at

    Xurxo, noraboa pola túa contribución á causa dende “Fendetestas”. Acabo de ler o artigo no Progreso. Sabela púxose antes en contacto comigo e grazas a Susana (Melide) puido dar contigo.

    Acabo de visitar tamén a wiki da Pobra, onde figuraba tamén o teu blog.

    Saúdos de tódolos quironianos.


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa