SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Soportes e materiais de escritura
Novembro 11th, 2009 by Fendetestas

Colgamos uns cantos vídeos en youtube que vós servirán como complemento para o tema da escritura e os soportes e como guía tanto para ver como utilizar as tabellae ceratae como para facer unha pluma de cana.

1.- Orixe da escritura: dos pictogramas sumerios á escritura cuneiforme.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Iq8-69pBH1Y" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Os debuxos convertéronse en letras, das pinturas rupestres á escritura e o alfabeto que viaxou de Fenicia a Roma pasando por Grecia.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gHWm-EVl-98" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A influencia da epigrafía latina na forma das letras do abecedario.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ojfnS81UfwM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dúas explicacións sobre como se traballaba o papiro para poder escribir sobre el.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UvHUYD1QN-I" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ak_ro5Nwl6o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Breve repaso polos soportes de escritura antigos: pedra, arxila, tabellae.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/W13Vr2pg5a0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

E para rematar, unha boa explicación sobre como elaborar unha pluma de cana para poder escribir con tinta. Ollo coa navalla!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/A4IDjChEBQg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Visto todo isto, anímaste a experimentar?

Unha tabella de madeira encerada? Podes usar unhas táboas ás que lles craves un marco ou, máis fácil aínda, un marco vello de fotos que poidas modificar. Úneas con corda, coiro ou tamén, menos enxebre, con bisagras. Neste mesmo blogue podes os traballos dalgúns alumnos e alumnas

Para a cera, o mellor sería mercar cera de abella, pero tamén pode servirche a dun cirio ou candea que deberás derreter nunha pota vella porque che vai quedar inservible. Cando estea líquida bótaa no espazo que deixaches nas táboas. Un par de consellos, non tires o sobrante polo vertedoiro! entouparías os desaugues, e se che cae cera na roupa, déixaa secar e despois pásalle o ferro quente cun papel de xornal por riba para que, ao derreterse, o papel a absorba.

Unha pluma de cana? Utiliza canas das chamadas indias ou bambú, teñen a codia máis dura e son máis resistentes, pero tamén máis complicadas  para cortar. Guíate polas instrucións do vídeo que de arriba. Podes ver algunhas fotos aquí. No instituto temos unha planta de bambú, sabedes onde?

Unha taboíña de barro? Cun pouco de arxila que podes conseguir nunha tenda de manualidades ou nunha papelería, amásaa, non a fagas moi grande nin moi grosa, e intenta reproducir unha mensaxe en escritura cuneiforme como se ve no vídeo. Despois podes cocela no forno da casa. Aí só conseguirás uns 200º, pero serán suficientes para cocer a arxila. Se tes oportunidade, nun forno de leña ou de panadería alcanzará maior temperatura. E despois tamén está a versión menos fiable pero máis doada que é secala ao aire nuns bos días de sol. Secar secará, pero non cocerá e pode romper. Algo é algo.

Pásao ben facéndoo!


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa