SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Viaxe á antiga Grecia
Outubro 7th, 2009 by Fendetestas

Durante este trimestre ides ir de viaxe a Grecia… pero non é unha viaxe normal, nin hai que reservar hoteis, nin preocuparse polos avións. A vosa viaxe será virtual, no só no espazo, senón tamén no tempo.

OBXECTIVOS

Usaredes a  información obtida no propio libro de texto (no derradeiro apartado de cada tema) e outras fontes que poidades manexar. O primeiro será creardes un blogue, en realidade unha bitácora de viaxe. Nela iredes comentando as distintas etapas do percorrido que vós deseñaredes.

E lembrade: a viaxe será de cidade en cidade, de illa en illa, de rexión en rexión e de colonia en colonia; pero tamén será no tempo, porque o medio de transporte que escollades vaivos permitir desplazarvos por distintas épocas. En cada unha das anotacións que fagades na bitácora teredes que reflectir datos históricos e xeográficos reais.

VALORACIÓN E CUALIFICACIÓN DA ACTIVIDADE

  • número de anotacións ou entradas na bitácora: 20% da nota
  • datos xeográficos reais, localizacións, fotografías, vídeos… 20%
  • datos históricos reais, personaxes, acontecementos… 20%
  • orixinalidade na argumentación e relato de viaxe, redacción: 20%
  • variedade de medios incluídos na bitácora: fotografías, vídeos, enlaces http, documentación variada… 20%

PISTAS E MATERIAIS

Xeografía:

  1. Tanto na Galipedia como na Wikipedia tedes materiais para vos ir iniciando.
  2. Web do Departamento de Clásicas dun colega dun colexio de Marín…
  3. E, por último, no seu blogue, Verba Volant atoparedes cuestionario, enlaces, etc.

Historia:

  1. Recursos Palladium na páxina do MEC
  2. Por suposto, a Galipedia
  3. Unha guía para coñecer algúns personaxes da historia grega cos que sen dúbida vos atoparedes no voso periplo.

AS VOSAS BITÁCORAS

A viaxe comezou… o lugar o momento de partida son aquí e agora e a meta, o coñecemento da historia e xeografía de Grecia…


3 Responses  
  • Ramon Torné writes:
    Novembro 29th, 200913:18at

    Gran idea, visitar Grecia! Cos meus alumnos do IES Matadepera iremos a Atenas do 25 ao 28 de febreiro de 2010.

  • fendetestas writes:
    Decembro 1st, 200922:51at

    Moltes gràcies per la visita, Ramón, es tot un honor llegir-te també per aquí i pels blogs dels meus alumnes i alumnes. Sort amb el viatge a Grècia. Nosaltres aquest curs anirem a Itàlia i el curs proper a veure si ens animem a visitar la nostra “mare patria”. Ja ens informaràs sobre el teu viatge perquè podem aprendre molt de la vostra experiència.
    ευχαριστώ i disculpa el meu oxidat català.

  • Fendetestas » Arquivo do blogue » Viaxe a Grecia writes:
    Outubro 7th, 201023:47at

    […] dos lugares que visitaban, as persoas que coñecían e as épocas das que eran testemuñas. Na entrada que podedes ver máis abaixo tedes o resto dos […]


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa