SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Sobre os materiais publicados
Maio 20th, 2009 by Fendetestas

Este blogue ten obxectivos meramente educativos e divulgativos.

Só pretendo poñer a disposición do alumnado material complementario e de axuda, así como actividades e recursos de todo tipo e intentar así estimular a súa intelixencia e curiosidade polos temas que aparecen nas aulas de ESO e Bacharelato do noso IES Lama das Quendas de Chantada

O uso das imaxes e contidos, por tanto, non ten ningún ánimo de lucro.

Se alguén se sente molesto ou molesta polo uso dalgún tipo de material, por ser da súa autoría ou propiedade, ou porque non sexa do seu agrado, só ten que poñerse en contacto connosco a través dos comentarios ou do enderezo electrónico fendetestas.blogaliza@yahoo.es para mirarmos de o modificar ou retirar.

Do mesmo xeito, calquera material que poida ser considerado de utilidade para as clases ou publicacións pode ser utilizado, sempre que tamén sexa sen ánimo de lucro e con finalidade educativa. Polo tanto, tampouco nos opoñemos a que este blogue sexa enlazado, descrito ou indexado en calquera páxina web. Agradecería, iso si, que deixedes un comentario e fagades referencia á fonte.

Todo o que ves ten moito tempo detrás e se o queres levar para o teu blogue, adiante! 🙂 só tes que citar a fonte e se fas o favor de avisarme irei darche as grazas por valorar o meu traballo 🙂

Por outra banda, a reprodución de fotografías e outros arquivos neste blogue educativo acóllese ao artigo 32 (Citas e reseñas) do Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril (B.O.E. número 97, de 22 de abril) coas modificacións dadas ao mesmo pola Lei 5/1998 de 6 de marzo (B.O.E. número 57, de 7 de marzo) e a Lei 1/2000 de 7 de xaneiro (B.O.E. número 7 de 8 de xaneiro), que di literalmente no seu texto -aquí traducido-:

“É lícita a inclusión nunha obra propia de fragmentos doutras alleas de natureza escrita, sonora ou audiovisual, así como a de obras illadas de carácter plástico, fotográfico figurativo ou análogo, sempre que se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a título de cita ou para a súa análise, comentario ou xuízo crítico. Tal utilización só poderá realizarse con fins docentes ou de investigación, na medida xustificada polo fin desa incorporación e indicando a fonte e o nome do autor da obra utilizada.”

Grazas.

Saúde e educación.


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa