SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Busca e rebusca…
Maio 20th, 2009 by Fendetestas

Dende Historias na Lama, Diego nos propón outro enigma. Quen é o personaxe da foto e onde se atopa o seu busto?

busto_inv269

Eu só vos vou dar un par de pistas.

1. O texto da inscrición di o seguinte:

ΠΕΡΙΚΛΗΣ    ΞΑΝΘΙΠΠΟΥ   ΑΘΗΝΑΙΟΣ

Nos vos será difícil ler este alfabeto a aqueles que non o coñezades.

Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica xa saben que todo iso é o nome completo do personaxe.

  • A primeira palabra é o nome propio, que adoitaba ser o do avó paterno.
  • A segunda viría sendo o patronímico, é dicir como o noso apelido paterno, que está en Xenitivo e se entendería como “fillo de”. Algo como os nosos sufixos -es (Fernandes: fillo de Fernando), -is (Pais: fillo de Paio), -ez (Vázquez: fillo de Velasco ou Vasco) ou os doutras linguas: xermánico von (Erich von Stroheim), anglosaxón son (Peterson) ou prefixo Fitz– (Fitzgerald); eslavo ov para varóns (Petrov) e –ova para as mulleres (Navratilova), italiano –ini (Mussolini), gaélico Mac para eles e Nic para elas (MacDhòmhnaill e NicDhòmhnaill ‘traducidos’ ao inglés como McDonald), en árabe e hebreo ben ou bin (Ben Hur, Bin Laden), etc.
  • E a terceira palabra fai referencia ao demos, á vila de onde procede.

2. Sufriu un proceso de desterro que se coñece como ostracismo, porque a votación se realizaba escribindo o nome do imputado nun óstrakon (ὄστρακον), en principio unha cuncha de molusco, e despois un anaco de cerámica reutilizada como o da foto.

sherd_agora_mus

3. Como derradeira pista unha caricatura do personaxe que vos pode dar algunha clave sobre os seus inimigos políticos:

vineta


7 Responses  
  • Tania writes:
    Maio 20th, 200915:36at

    Penso que é Pericles, coas poucas nocións que teño de grego iso é facil de sacar pola inscrición.
    O busto atópase no Artes Museum de Berlín.

  • fendetestas writes:
    Maio 20th, 200918:56at

    Si que é o Pericles… pero o busto, realmente está no Museo de Berlín?

  • Joám Garcia de Guilhade writes:
    Maio 21st, 200917:43at

    Umha iniciativa muito interesante a deste blogue, nom abondam muito a dia de hoje as tentativas de acadar umha educaçom crítica e de qualidade, numha sociedade enlamada polo niilismo e umha educaçom que apenas reproduze os dogmas e a superestrutura dos poderosos. Somos umha colónia, e das baratas.

  • Tania writes:
    Maio 22nd, 200918:29at

    Non, está no Museo do Vaticano…

  • fendetestas writes:
    Maio 23rd, 200913:28at

    Bravissima!!! questo è il conosciuto Pericles Pio Clementino, una copia romana dal originale greco sui Musei Vaticani à Roma.

    Tanti Auguri!

    Reparastes na distinta forma de escribir as letras gregas?

  • Ana Lage writes:
    Maio 23rd, 200920:37at

    a sigma maiúscula escribena como a nosa S

  • fendetestas writes:
    Maio 24th, 200923:45at

    Xusto Ana, e viches o Θ?


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa