SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Exames
Maio 19th, 2009 by Fendetestas

Como actividade de avaliación do tema O mundo feminino no mundo clásico propúxenvos elaborardes un modelo de exame no que eu valoraría os seguintes elementos:

  • número de preguntas: 10 (10% da nota)
  • as preguntas están redactadas con claridade e a resposta é precisa (10%)
  • presentación (respectar as marxes, ausencia de borranchos, etc) (10%)
  • recóllense a meirande parte dos elementos traballados na clase (10%)
  • as cuestións son orixinais (30 %)
  • as cuestións son variadas e a tipoloxía non se repite (30%)

A medida que mos vaiades enviando eu ireinos poñendo aquí para que todos e todas os compartamos.

Tania

Ana

Jacobo

Daniel

Leticia

Nerea

Rubén

Post scriptum: os alumnos e alumnas fixeron esta proba sen previo aviso, pois estudaron como para un exame tradicional. Tiveron os seus 50 min. para elaboralo e foi corrixido seguindo os criterios arriba explicados. Recibiron a súa calificación pero, durante varios días, os exames viaxaron polo instituto adiante logo de que eu  –mea culpa– os esquecese nunha aula. Xa os daba por perdidos cando apareceron no Dpto de Xeografía e Historia… Finalmente pedinlles que os pasasen a formato  dixital e aquí quedan pendurados para o mundo todo.


3 Responses  
  • Susana Losada writes:
    Maio 25th, 200922:18at

    Bueno isto no é exactamente un modelo de exame, senón un parabens!. Que blog tan chulo e que actividades tan divertidas! Creo que practicarei a imitatio. Noraboa por eses alumnos/as tan bos, sobre todo Tania

  • fendetestas writes:
    Maio 26th, 200909:54at

    Ola Susana! Benvida! Como deches connosco? A ver se empezo a enlazar os traballos dos colegas…
    Logo de ver o(s) teu(s) blogue(s), que digas que este che gusta é todo un eloxio… Non hai moito que empecei e, copiando(vos) de aquí e de aló vouche aprendendo.

  • Susana Losada writes:
    Maio 26th, 200922:58at

    Pois din de casualidade, saltando de blog en blog e de foro en foro. Non é que me guste o blog, e que me encanta, por eso volvín hoxe. E esa idea de que os rapaces creen os propios exames paréceme xenial. Xa te teño enlazado, para que non te me escapes. XA ves que o da imitatio é imprescindible neste mundiño noso. Por certo, porque non te adhires a Chiron? Bks


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa