SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
A muller na sociedade xitana
Marzo 27th, 2009 by Fendetestas

Tedes que buscar información para contestar as preguntas e podedes utilizar os enlaces ás páxinas propostas ou outros que poidades descubrir. As cuestións e ligazóns non son máis ca unha guía e, se cadra, na vosa procura atopades elementos interesantes que poidan formar parte do traballo. Vós decidides.

Cuestións

– De onde procede o pobo xitano?

– Explica a diferencia entre racismo e xenofobia.

– Estalle permitido a unha muller xitana saír pola noite?

– Téñeno fácil as nenas xitanas para ir á escola?

– Cantos días dura unha voda xitana?

– Que papel desempeña a “ajuntadora”?

– De que maneiras algunhas mulleres xitanas intentan mellorar a súa situación?

– Xustifica a frase: “as mulleres xitanas sufrimos unha dobre discriminación”

– Que mulleres famosas coñeces de raza xitana? Escribe sobre algunha delas.

Ligazóns:

http://www.avizora.com/publicaciones/la_mujer_y_su_mundo/textos/mujer_gitana_0012.htm

http://www.protocolo.org/gest_web/proto_Seccion.pl?arefid=666&rfID=413

http://www.imninalu.net/Carmen.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/16/0003_7593709.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Estrella_Morente

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/04/07/castillayleon/1207593768.html

Lembrade que a información que recollades terédela que plasmar nunha cartolina e despois explicárllela aos demais na clase.

Se tedes problemas ou dúbidas deixádeas aquí abaixo nos comentarios (Comments). Grazas.

Ánimo e boa procura!!

E finalmente… aquí está o resultado do voso traballo publicado para o mundo


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa