SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Ubi fui?
Maio 4th, 2009 by Fendetestas

A ver se adiviñades en que cidade estiven onte… As fotos da presentación vos poden axudar… ou non!


Intentade averiguar tamén as seguintes cuestións:

1.- A primeira é unha reprodución da Vitoria alada de Samotracia, cuxo orixinal está no museo de…

2.- Enfronte deste edificio hai outro de reminiscencias clásicas, xa que ten unhas columnas de orde…

3.- Na fachada dun comercio de roupa poden verse estas dúas estatuas de divindades grecorromanas. A que deuses corresponden e que relación pensades que gardan coa cidade?, é dicir, por que se escolleu a estes deuses e non a outros?

4.- Nunha rotonda instalaron esta reprodución dun famoso rapto mitolóxico. A quen se refire o mito? Por que se situou precisamente aquí?

5.- E a pista definitiva. O nome desta cidade non corresponde moi exactamente co que é hoxe en día, por que?


3 Responses  
  • Tania writes:
    Maio 5th, 200908:34at

    1. no museo do Louvre (París)

    3. o primeiro é Mercurio e o segundo Hefesto.

    4. O rapto da princesa Europa por Zeus.

    5. Podería ser Grecia, xa que as moedas de Grecia teñen representado o mito do rapto de Europa.

  • Tania writes:
    Maio 5th, 200917:12at

    Non, xa me din conta de que estiveches en Vigo, non en Grecia, xa me parecía un destino moi lonxe para tan poucos días.

    Dinme conta, porque a estatua do rapto de Europa está na rotonda de Samil, xa non me lembraba…, e iso que a vin este verán!!!

    O nome desta cidade non é apropiado (etimolóxicamente falando), xa que dita palabra provén do latín vicus (aldea, ou mellor dito, asentamento sen rango administrativo).

  • fendetestas writes:
    Maio 5th, 200918:32at

    Moi ben Tania, “prima inter pares”…
    Agora hai que saber a razón pola cal se escolleu a Mercurio (Hermes), Hefesto (Vulcano) e o rapto de Europa.
    Tampouco estaría mal averiguar por que no alto do edificio Albo, nas confluencias da rúa Urzaiz e Gran Vía, puxeron a Victoria de Samotracia. 😉


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa