SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Biblioteca
Abril 30th, 2009 by Fendetestas

Tania Vázquez estivo nesta biblioteca e fixo unhas fotos. Propón que intentemos averiguar onde se atopa seguindo as pistas que ela mesma nos irá proporcionando.

Eu aínda non o dei averiguado.

Disque agora, esta biblioteca, está pechada e que nos debemos fixar en que se poden apreciar nos corredores os escudos das catro provincias galegas…

Onde está Tany?



6 Responses  
  • Tania writes:
    Abril 30th, 200915:37at

    1. A biblioteca das imaxes é famosa, tanto por ser a biblioteca galega con maior número de volumes como por conservar numerosos incunables.

    2. Debido a que estivo abandonada (tanto ela como o edificio no que está) durante moitos anos, perdéronse numerosos libros dun valor incalculable, polo que os incunables que hai son poucos.

    3. As visitas restrinxíronse, dende que as persoas encargadas da biblioteca comezaron a notar a falta de volumes.

  • Ana Lage writes:
    Abril 30th, 200922:17at

    A min sóame que a biblioteca está nun mosteiro, pode ser?

  • Tania writes:
    Maio 2nd, 200911:42at

    Sí Ana, por ese camiño vas ben.

  • fendetestas writes:
    Maio 4th, 200921:52at

    Tania deume unha pista fundamental para adiviñala, pero eu vóuvola adornar un chisco:

    – O nome do lugar onde se atopa esta biblioteca ten que ver co mito de Calisto e co nome de muller, Úrsula.

    – Coloquei un par de fotiños máis que vos poden axudar.

  • josé writes:
    Outubro 17th, 200917:35at

    A biblioteca que estamos a ver é a do Mosteiro de Oseira, moi visitado por min en varias ocasións.
    Era moi doado, para a próxima busca algo máis complicado.

    Deica logo e CARPE DIEM.

  • fendetestas writes:
    Outubro 19th, 200923:57at

    Pois si, pero tes unha máis complicada na entrada “Xa estamos aquí…” na categoría “aenigmata” que ninguén dá resolto, anímate!!!


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa