SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Microtoponimia
Abril 26th, 2009 by Fendetestas

PROXECTO DE RECOLLIDA DE MICROTOPONIMIA DO IES LAMA DAS QUENDAS EN CHANTADA E CONCELLOS LIMÍTROFES.

Os nomes dos lugares, sobre todo de lugares pequenos –fincas, leiras, camiños, outeiros, fontes, pedras, árbores, casas, etc.– que non teñen presenza nos mapas nin nos carteis das estradas, tamén forman parte da nosa cultura, do noso patrimonio, aínda que inmaterial, e está en perigo de extinción cando desaparezan as persoas maiores que os coñecen e os usan. Por iso pensamos que convén recollelos, estudalos, conservalos, respectalos e trasmitilos como calquera monumento ou espazo natural e que as parcelarias ou a memoria non nos priven desa riqueza que no noso país é máis abondosa que en calquera outra parte do mundo.

Por iso vos propoñemos participar na recollida destes nomes e así compartir a sabedoría da xente do voso contorno con toda a comunidade. O proceso consta de dúas partes:

1. Recollida dos nomes e datos nunha ficha.

2. Situar estes nome nun mapa.

A ficha que debedes utilizar podédela descargar aquí. Nela anotade os datos xerais e os nomes que vos digan os vosos informantes (pais, avós, veciños, etc.). Utilizade cantas follas necesitedes. Cantos máis nomes, mellor!

Logo de conseguir os nomes cómpre situalos nun mapa ou foto aérea. Para iso dispomos dunha práctica ferramenta que, se cadra, xa coñecedes: o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC). Podedes informarvos sobre el aquí.

Despois de abrir a páxina colocade a zona que queirades ampliar sobre a cruz central

dibujo-4

dibujo-2

e ide dándolle ao zoom que tedes á dereita ata localizar a zona na que están os vosos topónimos

sixpac-2

sixpac-51

para conseguir que vos delimite as parcelas con liñas, facede clic nas ferramentas da esquerda:

RECINTO

PARCELA

e para ocultar esas ferramentas, clic na pestana laranxa

sixpac-41

Despois hai que gardar a pantalla do Sixpac. Para iso basta con premer a tecla Impr Pant ou Print Screen que adoita estar na parte superior dereita do teclado mestres temos aberta a páxina do Sixpac na zona escollida.

windows-xp-print-screen21

Despois abrimos o programa Paint en Inicio  sixpac-6-inicio > Todos os programas > Accesorios  > Paint

sixpac-6

E agora pegamos a imaxe que gardamos co botón Impr Pant para poder editala con Edición > Pegar ou tamén con Ctrl+V

pasar-a-paint

Apareceravos no Paint a imaxe do Sixpac que copiastes e agora se trataría de situar nela os nomes das fincas coa ferramenta de escritura ou, mellor aínda, se numerades cada nome na folla de recollida vos ha ser máis fácil situar ese número enriba de cada finca, casa, fonte, camiño, etc.

sixpac-8

Procurade que se lean ben os números utilizando cores que destaquen sobre o fondo. Gardade ou imprimide esa imaxe e xuntádea á(s) folla(s) de recollida.

Agora xa estamos en disposición de saber como se chama cada sitio que vós localicedes e, así, palabras centenarias e mesmo milenarias seguirán vivas por máis tempo…

Nunha fase posterior nos encargaremos de organizar, clasificar, explicar e publicar todo este voso traballo.

ÁNIMO!!!


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa