SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Fendetéstate ;-)
Marzo 26th, 2009 by Fendetestas

Fendetestas é un personaxe da novela do galego Wenceslao Fernández Flórez, El bosque animado. A risco de parecer violento -nada máis lonxe da miña intención-, o título do blogue nace coa idea de vos fender a testa!!!

Mais non no sentido literal, non temades. Lembrade que xa Hefesto lle partira a cabeza a Zeus para que dela nacese Atenea, a deusa da sabedoría. Eu pretendo o mesmo pero ao revés. Abrirvos a cachola e tentar meter nela novas ideas, facervos comparar, valorar, criticar… pensar, que para iso estades aquí.

Estou seguro de que cando pase o tempo esqueceredes a meirande parte dos contidos que se estudan na clase, pero a vosa capacidade para PENSAR, ha quedar aí dentro.

A min xa me fenderon a cabeza hai tempo e aínda seguen entrando cousas cada día que paso diante de vós.

fendetestas.blogaliza@yahoo.es


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa