SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Na procura da imaxe perdida!
Abril 19th, 2009 by Fendetestas

Para os que vides de consultar o blogue  Historias nas Lamas de Ciencias Sociais aquí vos deixo algunha axuda para averiguardes onde se atopa a imaxe que propón Diego:

Primeiro vos transcribo a inscrición:

AMPLISSIMAS AEDES
QVAS PRO REGIA DIGNITATE
PHILIPPVS III REX MAX(IMVS)
PACIS ET JVSTITIAE CVLTOR
EXFACIENDAS JVSSIT
FERDINANDVS DE CASTRO LEMENSIVM COMES
CATHERINA ZVNICA ET SANDOVAL
INTER HEROINAS
INGENIO ET ANIMI MAGNITVDINE PRAECLARA
ET FRANCISCVS FILIVS
IN HOC REGNO PROREGES OPTIMI
AEDIFICANDAS CVRARVNT
ANNO D(OMINI) MDCII

Amplissimas aedes quas pro regia dignitate Phillippus III Rex, maximus pacis et iustitiae cultor, exfaciendas iussit. Ferdinandus de Castro, Lemensium Comes, Catherina Zunica et Sandoval, inter heroinas ingenio et animi magnitudine praeclara et Franciscus filius in hoc regno proreges optimi aedificandas curaverunt anno Domini MDCII.

Traducir… xa o deixo nas vosas mans, pero vaia, cun dicionario de latín podedes entender algunha que outra cousa ou buscar algún que outro nome.

Pista 1: o FERDINANDVS DE CASTRO que aparece na inscrición ten a súa orixe nobiliaria nunha vila forte próxima á nosa e foi quen ordenou a construción do edificio onde se atopa a inscrición.

Pista 2: o seu primoxénito e sucesor, moi preocupado pola situación dos indíxenas de América, mesmo lle solicitou nunha ocasión ao Rei Felipe III a liberdade dos indios.

Pista 3: este fillo, que herdou os seus títulos, foi mecenas do escritor en español máis lido, con dous apelidos moi galegos por certo, a quen lle adicou a segunda parte da súa ‘enxeñosa’ novela.

Pista 4: o outro fillo, ese FRANCISCVS, herdou despois as posesións, cargos e mesmo o título de conde (COMES) que agora pertence a Cayetana Fitz-James Stuart e De Silva.

Pista 5: o autor de “El sí de las niñas” fala, nun libro de viaxes, do edificio que ten esa inscrición.

Pista 6: o nome da cidade na que se atopa o edificio sería equivalente á nosa Vilanova.

Pista 7: e, xa a definitiva… mirade aquí unha vista xeral do edificio que ten a placa conmemorativa.


4 Responses  
  • Santi writes:
    Abril 21st, 200915:01at

    Palacio Real de Nápoles, construido por orden do Virrey de Napoles, Conde de Lemos.

  • fendetestas writes:
    Abril 21st, 200916:44at

    Si Santi… Parabéns!, pilláchelo. E como chegaches a esa conclusión? Coméntao.

  • Diego writes:
    Abril 22nd, 200909:05at

    Ola!! Temos que seguir interactuando con esta sección!! As pistas que lles deches fixeron o seu efecto. Xa teño pensada outra imaxe con outra inscrición…en latín.
    Un saúdo!!

  • Santi writes:
    Abril 22nd, 200916:08at

    Vendo os lugares onde estivo o Conde de Lemos, encontrei o cargo que obstentaba, virrei de Nápoles, busquei no jujel Conde de Lemos Nápoles e encontrei o edificio, tamén puiden saber que o edificio foi deseñado polo que fixo a fontana de Roma, e que foi feito para Felipe III por se algun día se pasaba por alí.


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa