SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
A muller na posguerra española
Marzo 27th, 2009 by Fendetestas

Tedes que buscar información para contestar as preguntas e podedes utilizar os enlaces ás páxinas propostas ou outros que poidades descubrir. As cuestións e ligazóns non son máis ca unha guía e, se cadra, na vosa procura atopades elementos interesantes que poidan formar parte do traballo. Vós decidides.

Cuestións:

– Que dereitos perderon as mulleres en España despois da Guerra Civil?

– Explica en que consistía a chamada “Sección Femenina”.

– Estaba permitido o matrimonino civil? e o divorcio?

– Cales eran as súas condicións de traballo?

– Busca películas ambientadas na época protagonizadas por mulleres.

– Busca exemplos de publicidade da época que retraten o papel da muller na sociedade.

– Busca datos sobre algunha muller célebre da época que traballase polos dereitos feministas.

Ligazóns:

http://www.guerracivil1936.galeon.com/mujeres.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Secci%C3%B3n_Femenina

http://www.seccionfemenina.com/html/la-otra-seccion-femenina.htm

http://www.slideshare.net/miguelolalla/seccin-femenina-presentation

http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/noticia.asp?pkid=474126

http://www.elcorreodigital.com/vizcaya/prensa/20070307/vizcaya/recuerdos-abuela_20070307.html

http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/mujer_en_cine.htm

http://blogs.periodistadigital.com/periodismo.php/2007/04/13/publicidad-y-propaganda-en-la-posguerra

http://www.geocities.com/carmenmartingaite/articulos/articulo109.html

Lembrade que a información que recollades terédela que plasmar nunha cartolina e despois explicárllela aos demais na clase.

Se tedes problemas ou dúbidas deixádeas aquí abaixo nos comentarios (Comments). Grazas.

Ánimo e boa procura!!

E finalmente… aquí está o resultado da vosa investigación:

a muller na posguerra española

View more documents from Fende Testas.

2 Responses  
  • Anaa writes:
    Marzo 27th, 200912:38at

    Moito traballas eh Xurxo! non che sei se nós nos esforzaremos tanto…

  • LeTii writes:
    Marzo 27th, 200912:41at

    Taniiaa!!Galiza nazón!!


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa