SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Ifixenia en Áulide
Febreiro 5th, 2013 by Fendetestas

Esta é a obra que temos que ler para preparar a asistencia á representación teatral que iremos ver a Lugo o vindeiro martes día 5 de marzo, Ifixenia en Áulide (Ἰφιγένεια ἐν Αὐλίδι) de Eurípides, representada polo grupo de teatroNoite Bohemia” do IES Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta, na Coruña.

 

 

Como vén sendo tradición e para podermos avanzar na súa lectura, teredes que facer un «pequeno» traballo. Moitos dos libros que adoitades ler durante o curso teñen notas a pé de páxina pensadas para facilitar a comprensión da obra. A edición que tedes nas mans conta cunha boa introdución e guía didáctica pero carece de notas puntuais a pasaxes do texto. Vós seredes quen de anotar esta tradución seguindo as indicacións que vos imos dar.

Primeiro un pouco de información adicional que vos pode axudar a comprender a obra, o autor e a época.

fresco do sacrificio de Ifixenia. Pompeia, casa do Poeta Tráxico. Museo Nacional de Arqueoloxía de Nápoles

REPERCUSIONES POSTERIORES SOBRE O MITO DE IFIXENIA NA LITERATURA, MÚSICA E CINE.

Para ir abrindo boca, en youtube hai unha representación en varios fragmentos da obra polo grupo de teatro Ares do IES Mediterráneo de Cartaxena.

Pronto vos proporcionaré a guía para facerdes o traballo sobre a lectura.

mosaico do sacrificio de Ifixenia atopado en Empúries, Girona



One Response  
  • seecgalicia writes:
    Maio 20th, 201417:36at

    Querido Fendetestas:

    soy Cecilia Criado, la presidenta de SEECGalicia. Nos están llegando muchos enlaces desde tu web. Involuntariamente de debiste de enlazar mal y ahora tiene tu web llena de Medusas sangrantes.
    Por favor, chequealos enlaces a SEECGalicia que tengas y sustitúyelos por textos o por imágenes alojadas en tu propio sitio (o en otra parte). La razón de que te suceda esto es que ahora tenemos un sistema de protección anti-hotlinking que seguramente está estropeando tu sitio.
    Siento la molestia.
    Un abrazo
    Cecilia


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa