SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Escribir en grego no ordenador
Novembro 30th, 2011 by Fendetestas

Hai moitas formas de escribir no ordenador co alfabeto grego e basta con que busquedes nesta páxina para o comprobar. Unha opción é a que vos propoño. Necesitades instalar no voso ordenador a fonte Sgreek. Podédela descargar aquí e gardala no escritorio, por exemplo.

Despois vas a:

INICIO > (Configuración >) Panel de Control > Fontes

No cadro que se abre aparecerán as fontes que tes instaladas. Agora só tes que arrastrar a fonte dende o escritorio a esta ventana e listo. Xa podes escribir en grego con acentos, espíritos e iotas subscritas utilizando este teclado de mostra. Ten en conta que os acentos e espíritos escríbense despois da letra que o leva.

E ten paciencia… que ninguén naceu aprendido/a.

Outra opción para usar o alfabeto no ordenador é a seguinte, sempre que teñas instalado windows XP ou posteriores. Pulsas en INICIO e escolles panel de control (no modo vista por categorías se é que non está), opcións rexionais, idioma, data e hora e aí configuración rexional e  de idioma. Dentro deste apartado escolles idiomas e dentro de idiomas, detalles e dentro de detalles, agregar. Aparecerán dous apartados :

a) idioma de dispositivo de entrada e escolles grego; posteriormente pasas a

b) distribución de teclado/IME escollendo grego politónico e o resto é aceptar. Engadiches fontes unicode ao teu ordenador e polo tanto recoñecerá os caracteres gregos. Debes reiniciar o ordenador para instalalo.

Para cambiar dun idioma a outro podes premer ALT+MAIÚSCULA ou instalar na barra de ferramentas co botón dereito a barra de idioma e así ves que idioma estás a utilizar (mira as imaxes de abaixo). Cando queiras escribir en grego escolle, por exemplo, a fonte palatino lynotipe.

Dibujo 1

Dibujo 2

Dibujo 3

Máis información e posibilidades en:


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa