SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Ubi fui?
Mai 4th, 2009 by Fendetestas

A ver se adiviñades en que cidade estiven onte… As fotos da presentación vos poden axudar… ou non!


Intentade averiguar tamén as seguintes cuestións:

1.- A primeira é unha reprodución da Vitoria alada de Samotracia, cuxo orixinal está no museo de…

2.- Enfronte deste edificio hai outro de reminiscencias clásicas, xa que ten unhas columnas de orde…

3.- Na fachada dun comercio de roupa poden verse estas dúas estatuas de divindades grecorromanas. A que deuses corresponden e que relación pensades que gardan coa cidade?, é dicir, por que se escolleu a estes deuses e non a outros?

4.- Nunha rotonda instalaron esta reprodución dun famoso rapto mitolóxico. A quen se refire o mito? Por que se situou precisamente aquí?

5.- E a pista definitiva. O nome desta cidade non corresponde moi exactamente co que é hoxe en día, por que?

Tabellae Ceratae
Abr 17th, 2009 by Fendetestas

Xa fixemos as tabellae ceratae. Agora temos que llas mostrar aos demais que non teñen a ‘sorte’ de asistir ás clases de Cultura Clásica e para que saiban como se fabrican e como se utilizan.

Nos seguintes enlaces podedes obter datos para elaborardes unha cartolina ou díptico informativo:

scripta

ies.atenea.fuenlabrada

materiasescriptorias

scriptaantiqua

Mirade aquí un sitio onde se fabrican e comercializan unhas tabellae como as que nós facemos!!! e un taller nunha clase na que as fan con plastilina.

Eis o voso magnífico traballo:


Seat Exeo
Abr 11th, 2009 by Fendetestas

 

EXEO, do verbo latino exire, ‘saír, partir, irse dun sitio’ e, neste contexto ‘viaxar’.

Pica aquí para leres a explicación da compañía Seat sobre o nome do coche.

***

E agora o anuncio de televisión…

CY-fWamaoug


ACTIVIDADES

  1. Que personaxes da Odisea aparecen no vídeo?
  2. Atopas algún erro cando citan a cada personaxe? A versión francesa ou a inglesa do anuncio, se cadra, está mellor.
  3. Tes escoitado a publicidade na radio? Tamén ten un erro na tradución do verbo exeo, como o traducen?
  4. Hai unha palabra que moita xente pensa que é inglesa pero que é xenuinamente latina, e é a terceira persoa do singular do presente de indicativo do mesmo verbo latino que lle dá nome ao coche. Sabes cal é?
  5. Que adoitaba utilizar SEAT para denominar os seus modelos de coches? Pon exemplos. Hai uns anos houbo, en Galicia, unha polémica co nome dun deles. Lembras cal e por que?
  6. Averigua de quen é o poema que se escoita? Busca o autor e o poema completo, aquí che deixo unha pista envelenada. Despois de lelo, resúmeo nunha idea.
  7. Non che será difícil atopar en youtube (re)interpretacións dese poema. Copia os enlaces e comenta a que máis che interesase.
  8. Atopa outros referentes actuais sobre este mito, p.e. Ulysses de Franz Ferdinand.
  9. Busca outros modelos de coches que teñan relación co mundo clásico… douche un no que se cadra xa pensaras ti: o Renault Clío (musa da Historia).
  10. Investiga por que lles puxeron eses nomes.

Envía as respostas ao meu enderezo electrónico ou déixaas nos comentarios

Aquí outro automóbil mitolóxico con animación ao estilo Ray Harryhausen

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qeqpHGhYLRw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

  1. Que personaxes aparecen no anuncio?
  2. De que obras da literatura están extraídos e en que pasaxes aparecen?
  3. Que símbolos e atributos divinos puideches ver?
  4. Quen foi Ray Harryhausen? Que películas fixo?
  5. Busca algún fragmento mitolóxico das súas pelis en youtube.

Outro vídeo do Seat Exeo

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa