SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
23 de abril, día do libro e de San Xurxo
Abr 23rd, 2012 by Fendetestas

Hoxe celébrase o Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Escolleuse esta data porque tal día coma hoxe morreron, no ano 1616 Miguel de Cervantes Saavedra (de inequívocos apelidos galegos, tanto un coma o outro) e tamén William Shakespeare. Porén, aínda que finaron na mesma data, non o fixeron o mesmo día… Como pode ser iso? Se o averiguas escríbeo nos comentarios.

Tamén se conmemora o pasamento de Xurxo de Capadocia, na actual Turquía, aló polo 303. Foi un soldado romano martirizado por negarse a perseguir os cristiáns, relixión que el mesmo profesaba. Pronto comezou o seu culto e veneración que se estendeu durante os seguintes séculos por todo o Imperio Oriental e xa na Alta Idade Media, na época das cruzadas, se difundiu o seu culto por toda Europa.

A lenda do heroe que mata o dragón para salvar a doncela aparece en numerosas mitoloxías, lembremos a que nos é máis próxima de Perseo e Andrómeda,

Joachim Wtewael, Perseo e Andrómeda, 1611, Musée du Louvre, Paris

e no caso da mitoloxía cristiá foi adxudicada a San Xurxo.

Paolo Uccello, San Xurxo e o dragón, c. 1470, Musée Jacquemart André, Paris

En Galicia recibe culto en  máis de 30 parroquias, unha delas aquí mesmo, San Xurxo de Asma, pero con vacilacións ortográficas segundo os carteis de estrada…

pict0369

pict0597

Hai uns cantos lugares con ese nome, ou a variante Xorxe, repartidos polo país:

Xurxo

Descubre os dous erros…
Abr 17th, 2012 by Fendetestas

Cal destas imaxes é correcta?

 

A noticia completa no Faro de Vigo e aquí, nun xornal con criterio.

Pero… non marchedes aínda porque, había máis

 

E a outra opción era:

 

 

 

 

 

 

καλή χρονιά
Xan 3rd, 2010 by Fendetestas

Aquí vos deixo esta felicitación de aninovo, cortesía de Agamador, que eu recibín de Ricardo Martín e tamén vin no blogue de Álvaro. Tomeime a liberdade de facerlle algún engadido…

NovumAnnumMMX

E esta é a nosa felicitación de aninovo…

Edipo de Tebas was here
Out 8th, 2009 by Fendetestas

sinal stop-siga en Labancegos, Moeche (A Coruña)

Recoñecedes o sitio? Si, efectivamente, é o cruce onde Edipo se atopou co seu pai Laio e este sinal foi o motivo da disputa que deu lugar á morte do vello.

Isto aconteceu en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña) e a foto é de María Luaces… publicada na xa coñecida sección de Chapuzas do ano 2008 da voz de Galicia.

Xa sabedes como continúa a historia…

edipofendetestas.stripgenerator.com

Podemos completar a historia se escoitamos a interpretación de Les Luthiers.


Les Luthiers – epopeya de Edipo de Tebas, cantar bastante de gesta

Aquí vos deixo algunhas visións gráficas do mito:

Busca e rebusca…
Mai 20th, 2009 by Fendetestas

Dende Historias na Lama, Diego nos propón outro enigma. Quen é o personaxe da foto e onde se atopa o seu busto?

busto_inv269

Eu só vos vou dar un par de pistas.

1. O texto da inscrición di o seguinte:

ΠΕΡΙΚΛΗΣ    ΞΑΝΘΙΠΠΟΥ   ΑΘΗΝΑΙΟΣ

Nos vos será difícil ler este alfabeto a aqueles que non o coñezades.

Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica xa saben que todo iso é o nome completo do personaxe.

  • A primeira palabra é o nome propio, que adoitaba ser o do avó paterno.
  • A segunda viría sendo o patronímico, é dicir como o noso apelido paterno, que está en Xenitivo e se entendería como “fillo de”. Algo como os nosos sufixos -es (Fernandes: fillo de Fernando), -is (Pais: fillo de Paio), -ez (Vázquez: fillo de Velasco ou Vasco) ou os doutras linguas: xermánico von (Erich von Stroheim), anglosaxón son (Peterson) ou prefixo Fitz– (Fitzgerald); eslavo ov para varóns (Petrov) e –ova para as mulleres (Navratilova), italiano –ini (Mussolini), gaélico Mac para eles e Nic para elas (MacDhòmhnaill e NicDhòmhnaill ‘traducidos’ ao inglés como McDonald), en árabe e hebreo ben ou bin (Ben Hur, Bin Laden), etc.
  • E a terceira palabra fai referencia ao demos, á vila de onde procede.

2. Sufriu un proceso de desterro que se coñece como ostracismo, porque a votación se realizaba escribindo o nome do imputado nun óstrakon (ὄστρακον), en principio unha cuncha de molusco, e despois un anaco de cerámica reutilizada como o da foto.

sherd_agora_mus

3. Como derradeira pista unha caricatura do personaxe que vos pode dar algunha clave sobre os seus inimigos políticos:

vineta

Fotos no camiño
Mar 27th, 2009 by Fendetestas

E agora unhas fotiños para abrírmonolos ollos… Quen sabe onde se atopan estas marabillas da arte popular?

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa