SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Lectura do abecedario latino
Outubro 6th, 2013 by Fendetestas

Picando nesta práctica de lectura podedes prepararvos para a proba oral.

Aquí vedes os exercicios de lectura do libro para os que non o teñades aínda.

Latín I Ed. Rodeira-Edebé páx.11

Para practicardes as nocións explicadas en clase, seguide estes enlaces:

Agora vai a este libro ben antigo e le as páxinas 19 a 21 se non o podes ler ou descargar, telo aquí tamén. Outra versión parecida e resumida podes vela neste enlace. Nelas lerás como se explicaba a lectura do latín. Quero que fagas o seguinte:

  1. Fíxate nas diferenzas con respecto ao que explicamos na clase e anótaas.
  2. Xa sabes que, alén da pronunciación clásica, existen outras pronunciacións chamadas “nacionais” adaptadas ao idioma materno. Tendo en conta as diferencias que aparecen no libro con respecto ao que ti sabes, intenta deducir a que país ou cultura pode corresponder.
  3. Busca en internet (por exemplo, en youtube, vimeo, etc) vídeos con exemplos e exercicios de lectura en latín e anota os enlaces. Ou mellor aínda, grava o teu propio vídeo  e súbeo. Terá máis valor, claro!

Escribe estas tres cuestións nun documento e envíamas nun correo electrónico para poder sumarche a nota correspondente… Eu contestareiche cando os teña todos facendo as correccións e anotacións oportunas e xuntándoche a cualificación.


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa