Marcas rexistradas, produtos comerciais e léxico
Setembro 9th, 2013 by Fendetestas
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Blue_tapes_cutter.jpg
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Blue_tapes_cutter.jpg

O produto que nos ocupa é unha película fina e transparente elaborada a partir de celulosa vexetal tratada con elementos alcalinos e posteriormente ácidos, dando orixe á lámina que usamos en envases e envoltorios. Foi inventada e rexistrada polo enxeñeiro suízo E. Brandenberger en 1908 co nome comercial de Cellophane, palabra derivada de cell(ulose) e (dia)phane. Celulosa deriva do latín cella que significa «celda» e diáfano, do verbo grego διαφάνειν que significa «aparecer». O inventor bautizouno co nome híbrido de «película de celulosa transparente».

En canto á tira transparente adhesiva, o nome da marca Cello-Tape acabou por lexicalizarse e agora usamos a forma abreviada ‘celo’, aplicada a calquera película transparente con adhesivo, malia que hoxe en día non se fabriquen con celulosa, senón que predomine o polipropileno, un derivado do petróleo.

Ο polipropileno é un polí(mero) (πολύ + μέρος: moitas partes, porque son macromoléculas formadas por outras moléculas máis pequenas) que se obtén do propileno (ou propeno) palabra formada pola raíz prop- (que se usa para 3 átomos de carbono; como met- indica 1 átomo; et-, 2 e but-, 4). O seguinte elemento, -il- deriva do grego ὕλη «bosque», «madeira», «materia prima», e de aí «orixe», facendo referencia ao feito de que é a base á que se unen por enlace químico outros elementos. Por último, o sufixo -eno, igual que -ano, -ino úsanse para indicar o número de enlaces compartidos do hidrocarburo.

Ademais de ‘celo’, hai quen lle chama ‘fixo’, pronunciado [fikso] ou [fiso] , ‘tesafilm‘ ou ‘desafil’. Como se pode comprobar, todos son nomes de marcas comerciais lexicalizadas.

Podemos concluír que o nome común de «cinta adhesiva» non tivo o éxito de que gozaron as marcas, porque noutros lugares tamén se usan os termos escoch, diurex, celoven, etc. Τοdο depende da empresa que primeiro se implantou ou da predominante no mercado.

http://www.celoven.com/Images/prod_empaque_back.jpg

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/81/Scotch_Tape.jpg


Deixa unha resposta


»  Substance: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa