Como estes días estivo connosco a exposición Orixes da Obra Social de La Caixa aproveitamos para visitala, aprender algo máis sobre a evolución da nosa especie e, como non, un anaco de etimoloxía.

Esta foi a nosa proposta de traballo por se alguén quere servirse dela:
1. Atopa información nos paneis da exposición ou completa cos teus propios coñecementos e con datos de internet para unir a definición cos seguintes termos e a etimoloxía, como no exemplo
- antropoloxía: estudo do ser humano (ὁ ἀνθρώπος,-ου + ὁ λόγος,-ου)
- ardipithecus
- afarensis
- ramidus
- paranthropus
- ergaster
- antecessor
- neanderthalensis
- rhodesiensis
- floresiensis
- mamífero
- primate
- antropopiteco
- antropomorfo
- paleolítico
- humanoide
- bípede
2. Inventa o nome das seguintes especies en función da definición que che damos:
- Especie preto do mono atopado en Pontevedra: Parapithecus pontevedrensis
- Con aspecto de mono e que camiña a catro patas
- Home do sur con forma de pedra
- Mono que leva pés
- Estudo dos primeiros monos
Aquí vos deixo a ficha completa para descargar e tamén a presentación que vimos en clase cos datos etimolóxicos para completar os exercicios. Atopade nela os enlaces que necesitedes para resolverdes algunhas cuestións.
Non me podía resistir a poñervos esta montaxe de «multilingüísmo harmónico» nos folletos e trípticos que nos deron. Haiche moito tradutor en paro…
