SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Alfabeto cirílico
Xan 27th, 2010 by Fendetestas

Dende Historia na Lama chegades aquí na procura de información sobre o alfabeto cirílico e sobre a grafía do ruso. Se cadra vos preguntaredes que ten que ver o ruso con este blogue do mundo latino e grego. Xa veredes…

A lingua rusa pertence á rama eslava da familia de linguas indoeuropeas e, como podedes ver neste cadro, o ruso é unha lingua curmá do galego, xa que teñen devanceiros comúns: o eslavo e o latín, porén, como puidestes ir descubrindo na vosa procura de datos parece que non teñan nada que ver, pero iso ocorre porque só nos fixamos no aspecto externo, é dicir, no sistema de escritura que utilizan. As linguas latinas (e moitas outras) utilizan o abecedario latino e o ruso utiliza o chamado cirílico.

Se cadra, xa descubristes a orixe deste sistema de escritura. O sistema alfabético, é dicir, o que utiliza un símbolo para representar -máis ou menos- un son, naceu en Fenicia, na costa oriental do Mediterráneo, onde hoxe en día están Líbano e Israel e onde evolucionou cara á escritura árabe e hebrea, dúas linguas irmás (para dous pobos enfrontados).

Os comerciantes fenicios, levaron consigo tamén a súa escritura e esta foi agromando nas costas de Grecia na que deu orixe aos alfabetos gregos. Mirade este cadro comparativo coa forma das letras que naceron, ao fin e ao cabo, dos xeroglíficos exipcios.

Neste vídeo veredes como se supón que foi a evolución dos signos:

Este alfabeto grego, que tamén viaxou ata á península itálica cunha parada na cultura etrusca, foi o escollido, no século IX, polos monxes Cirilo e Metodio para, no seu labor misioneiro difundir as escrituras sagradas entre o pobo eslavo. Adaptaron as letras gregas, a súa lingua de formación e estudo, á fonética do antigo eslavo, que era a súa lingua materna. É o chamado alfabeto glagolítico, no que se basea o cirílico e do cal procede o actual alfabeto ruso. Na Galipedia podedes ler máis polo miúdo toda esta historia.

E aquí estamos. A cuestión que debedes resolver é o significado destas palabras:

  • Союз Советских Социалистических Республик
  • Владимир Ильич Ульянов (Ленин)

Primeiro unhas pistas gráficas…

Estas letras que se parecen aos ces e pes do noso abecedario latino, en realidade non teñen nada que ver con elas. Chegou o momento de comprobar se sodes quen de ler o alfabeto cirílico utilizando as correspondencias desta táboa:

Só tedes que substituír cada letra pola súa pronunciación aproximada para poder entender o que di. Tamén, se vos atascades, sempre está a posibilidade de recorrer a esta axudiña… pero é menos divertido e tes menos que discorrer, co cal non terás o privilexio de facerte máis intelixente.

E xa para rematar cun toque clásico, reparade na etimoloxía da palabra Tsar (царь), relacionada tamén co alemán Káiser, dato que podedes incluír na vosa webquest.

V CONCVRSO DE CVLTURA CLASICA ODISEA 2010
Xan 26th, 2010 by Fendetestas

Procedemos a nos embarcar na nosa Odisea particular…

Intentaremos participar e sobre todo aprender… esa será a nosa competición particular: saber máis cando rematemos que cando comezamos, con ese reto por diante é imposible saírmos derrotados/as.

Na páxina web da SEEC Galicia podedes consultar as bases e calendario do concurso.

Neste sitio e neste poderedes ver preguntas e respostas de edicións anteriores para vos facer una idea da mecánica do concurso.

E con estes enlaces e recursos poderedes buscar información para resolver as cuestións:

Estes son os nosos equipos:

en 1º de BAC, As Parcas.

en 4º A hai tres equipos, A Quenda de Atenea, Miro Pereira e os Tonechos e Price & McTavish


os de 4º B non daban decidido o nome e quedoulles XXX


3ª A xa escolleron, son… Kappa

Sorte a todas e todos… e lembrade Ctrl+F

καλή χρονιά
Xan 3rd, 2010 by Fendetestas

Aquí vos deixo esta felicitación de aninovo, cortesía de Agamador, que eu recibín de Ricardo Martín e tamén vin no blogue de Álvaro. Tomeime a liberdade de facerlle algún engadido…

NovumAnnumMMX

E esta é a nosa felicitación de aninovo…

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa