SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Blogs en Χείρων·Chiron
Nov 12th, 2009 by Fendetestas

Ben rapazas e rapaces… ímonos facer socios de Χείρων, un espazo onde profesorado e alumnado de clásicas compartimos ideas, materiais, propostas, etc… Aquí podedes ler en que consiste.

Pensei que o voso traballo non debe pasar desapercibido para o mundo e por iso vos invito a vos asociar.

Todos sabemos  quen foi este centauro

James Barry, a educación de Aquiles, 1772

e nós imos aproveitarnos das súas benéficas ensinanzas para acceder ao mundo quironiano.

Para vos asociar, podedes entrar neste índice de blogues no que se publican diariamente as anotacións de cada un de nós. Na columna da esquerda aparecen as bitácoras de profes, ordenadas segundo se foron asociando e debaixo as de estudantes e institucións.

Non teñades reparos porque os vosos blogues estean en galego, ao contrario. Veredes que somos lingüisticamente tolerantes, como non podía ser menos, e que pronto entenderedes e usaredes tamén os escritos noutras linguas. Trátase de compartir e participar.

Para rexistrarvos tedes que entrar neste formulario e enchelo cos vosos datos. En asunto podedes poñer “asociarme a Chirón” e, en mensaxe escribide que sodes estudantes de grego e latín do IES… etc.

Despois recibiredes no voso correo unha mensaxe de benvida e as instrucións para colocar no voso blogue a imaxe seguinte que serve de enlace coa páxina do centauro:

Escribir en grego no ordenador
Nov 11th, 2009 by Fendetestas

Hai moitas formas de escribir no ordenador co alfabeto grego e basta con que busquedes en google para o comprobar. Unha opción é a que vos propoño. Necesitades instalar no voso ordenador a fonte Sgreek. Podédela descargar aquí e gardala no escritorio, por exemplo.

Despois vas a:

INICIO > (Configuración >) Panel de Control > Fontes

No cadro que se abre aparecerán as fontes que tes instaladas. Agora só tes que arrastrar a fonte dende o escritorio a esta ventana e listo. Xa podes escribir en grego con acentos, espíritos e iotas subscritas utilizando este teclado de mostra. Ten en conta que os acentos e espíritos escríbense despois da letra que o leva.

E ten paciencia… que ninguén naceu aprendido.

Outra opción para usar o alfabeto no ordenador é a seguinte, sempre que teñas instalado windows XP ou posteriores. Pulsas en INICIO e escolles panel de control (no modo vista por categorías se é que non está), opcións rexionais, idioma, data e hora e aí configuración rexional e  de idioma. Dentro deste apartado escolles idiomas e dentro de idiomas detalles e dentro de detalles agregar. Aparecerán dous apartados :

a) idioma de dispositivo de entrada e escolles grego; posteriormente pasas a

b) distribución de teclado/IME escollendo grego politónico e o resto é aceptar. Engadiches fontes unicode ao teu ordenador e polo tanto recoñecerá os caracteres gregos. Debes apagar o ordenador para instalalo.

Para cambiar dun idioma a outro podes premer ALT+MAIÚSCULA ou instalar na barra de ferramentas co botón dereito a barra de idioma e así ves que idioma estás a utilizar (mira as imaxes de abaixo). Cando queiras escribir en grego escolle a fonte palatino lynotipe.

Dibujo 1

Dibujo 2

Dibujo 3

Máis información e posibilidades en:

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa