Hai moitas formas de escribir no ordenador co alfabeto grego e basta con que busquedes en google para o comprobar. Unha opción é a que vos propoño. Necesitades instalar no voso ordenador a fonte Sgreek. Podédela descargar aquí e gardala no escritorio, por exemplo.
Despois vas a:
INICIO > (Configuración >) Panel de Control > Fontes
No cadro que se abre aparecerán as fontes que tes instaladas. Agora só tes que arrastrar a fonte dende o escritorio a esta ventana e listo. Xa podes escribir en grego con acentos, espíritos e iotas subscritas utilizando este teclado de mostra. Ten en conta que os acentos e espíritos escríbense despois da letra que o leva.
E ten paciencia… que ninguén naceu aprendido.
Outra opción para usar o alfabeto no ordenador é a seguinte, sempre que teñas instalado windows XP ou posteriores. Pulsas en INICIO e escolles panel de control (no modo vista por categorías se é que non está), opcións rexionais, idioma, data e hora e aí configuración rexional e de idioma. Dentro deste apartado escolles idiomas e dentro de idiomas detalles e dentro de detalles agregar. Aparecerán dous apartados :
a) idioma de dispositivo de entrada e escolles grego; posteriormente pasas a
b) distribución de teclado/IME escollendo grego politónico e o resto é aceptar. Engadiches fontes unicode ao teu ordenador e polo tanto recoñecerá os caracteres gregos. Debes apagar o ordenador para instalalo.
Para cambiar dun idioma a outro podes premer ALT+MAIÚSCULA ou instalar na barra de ferramentas co botón dereito a barra de idioma e así ves que idioma estás a utilizar (mira as imaxes de abaixo). Cando queiras escribir en grego escolle a fonte palatino lynotipe.



Máis información e posibilidades en:
2 Respostas to “Escribir en grego no ordenador”
Deixa unha resposta