SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Edipo de Tebas was here
Out 8th, 2009 by Fendetestas

sinal stop-siga en Labancegos, Moeche (A Coruña)

Recoñecedes o sitio? Si, efectivamente, é o cruce onde Edipo se atopou co seu pai Laio e este sinal foi o motivo da disputa que deu lugar á morte do vello.

Isto aconteceu en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña) e a foto é de María Luaces… publicada na xa coñecida sección de Chapuzas do ano 2008 da voz de Galicia.

Xa sabedes como continúa a historia…

edipofendetestas.stripgenerator.com

Podemos completar a historia se escoitamos a interpretación de Les Luthiers.


Les Luthiers – epopeya de Edipo de Tebas, cantar bastante de gesta

Aquí vos deixo algunhas visións gráficas do mito:

Viaxe á antiga Grecia
Out 7th, 2009 by Fendetestas

Durante este trimestre ides ir de viaxe a Grecia… pero non é unha viaxe normal, nin hai que reservar hoteis, nin preocuparse polos avións. A vosa viaxe será virtual, no só no espazo, senón tamén no tempo.

OBXECTIVOS

Usaredes a  información obtida no propio libro de texto (no derradeiro apartado de cada tema) e outras fontes que poidades manexar. O primeiro será creardes un blogue, en realidade unha bitácora de viaxe. Nela iredes comentando as distintas etapas do percorrido que vós deseñaredes.

E lembrade: a viaxe será de cidade en cidade, de illa en illa, de rexión en rexión e de colonia en colonia; pero tamén será no tempo, porque o medio de transporte que escollades vaivos permitir desplazarvos por distintas épocas. En cada unha das anotacións que fagades na bitácora teredes que reflectir datos históricos e xeográficos reais.

VALORACIÓN E CUALIFICACIÓN DA ACTIVIDADE

  • número de anotacións ou entradas na bitácora: 20% da nota
  • datos xeográficos reais, localizacións, fotografías, vídeos… 20%
  • datos históricos reais, personaxes, acontecementos… 20%
  • orixinalidade na argumentación e relato de viaxe, redacción: 20%
  • variedade de medios incluídos na bitácora: fotografías, vídeos, enlaces http, documentación variada… 20%

PISTAS E MATERIAIS

Xeografía:

  1. Tanto na Galipedia como na Wikipedia tedes materiais para vos ir iniciando.
  2. Web do Departamento de Clásicas dun colega dun colexio de Marín…
  3. E, por último, no seu blogue, Verba Volant atoparedes cuestionario, enlaces, etc.

Historia:

  1. Recursos Palladium na páxina do MEC
  2. Por suposto, a Galipedia
  3. Unha guía para coñecer algúns personaxes da historia grega cos que sen dúbida vos atoparedes no voso periplo.

AS VOSAS BITÁCORAS

A viaxe comezou… o lugar o momento de partida son aquí e agora e a meta, o coñecemento da historia e xeografía de Grecia…

Ler e escribir en grego
Out 6th, 2009 by Fendetestas

Xa coñecemos o alfabeto e estamos practicando a lectura.

Imos facer algúns exercicios de lectura para repasar o que estivemos vendo estes días en clase.

Primeiro un vídeo coa pronunciación e forma das letras:

1º Sinalade as letras que pronuncia ou escribe distinto a como nós explicamos na clase.

Recuperamos un vídeo que xa vimos o curso pasado, trátase dunha clase de grego clásico, o que nós estudamos, pero para nenos e nenas gregas.

2º Fixádevos en como pronuncian algunhas letras e escribide nos comentarios as diferencias co grego clásico.  As letras nas que quero que vos fixedes son as seguintes:

  • χ     χαὶρετε         ola!
  • οι   φίλοι              amigos
  • γ     Γεωργία       Xeorxia
  • ὑ     ὑπὸ              debaixo
  • η    μήτηρ           mai
  • αι   καὶ                  e
  • ἁ    ἅλς                 mar
  • ει    εἶ                    ti es

Aquí, e tamén na Wikipedia, podedes consultar unhas breves nocións de grego moderno para manexarvos cando viaxedes a Grecia e para compara co que aprenderemos na clase.

4º E xa, para preparárdevos perfectamente e como sabemos que nos siguen dende Burela, imos aproveitar estas prácticas de lectura publicadas na web do IES Monte Castelo.

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa