Edipo de Tebas was here
Outubro 8th, 2009 by Fendetestas

sinal stop-siga en Labancegos, Moeche (A Coruña)

Recoñecedes o sitio? Si, efectivamente, é o cruce onde Edipo se atopou co seu pai Laio e este sinal foi o motivo da disputa que deu lugar á morte do vello.

Isto aconteceu en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña) e a foto é de María Luaces… publicada na xa coñecida sección de Chapuzas do ano 2008 da voz de Galicia.

Xa sabedes como continúa a historia…

edipofendetestas.stripgenerator.com

Podemos completar a historia se escoitamos a interpretación de Les Luthiers.


Les Luthiers – epopeya de Edipo de Tebas, cantar bastante de gesta

Aquí vos deixo algunhas visións gráficas do mito:


2 Responses to “Edipo de Tebas was here”

Susana writes:
Outubro 29th, 2009 at 22:47   

Encántame, creo que o vou utilizar en clase. Eu xa lle explicaba aos meus alumnos que se de aquela houbese rotondas, isto non tería pasado.

fendetestas writes:
Novembro 1st, 2009 at 00:57   
Fendetestas

Tamén é certo!

Olark Livehelp

»  Substance: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa