Durante este trimestre ides ir de viaxe a Grecia… pero non é unha viaxe normal, nin hai que reservar hoteis, nin preocuparse polos avións. A vosa viaxe será virtual, no só no espazo, senón tamén no tempo.
OBXECTIVOS
Usaredes a información obtida no propio libro de texto (no derradeiro apartado de cada tema) e outras fontes que poidades manexar. O primeiro será creardes un blogue, en realidade unha bitácora de viaxe. Nela iredes comentando as distintas etapas do percorrido que vós deseñaredes.
E lembrade: a viaxe será de cidade en cidade, de illa en illa, de rexión en rexión e de colonia en colonia; pero tamén será no tempo, porque o medio de transporte que escollades vaivos permitir desplazarvos por distintas épocas. En cada unha das anotacións que fagades na bitácora teredes que reflectir datos históricos e xeográficos reais.
VALORACIÓN E CUALIFICACIÓN DA ACTIVIDADE
- número de anotacións ou entradas na bitácora: 20% da nota
- datos xeográficos reais, localizacións, fotografías, vídeos… 20%
- datos históricos reais, personaxes, acontecementos… 20%
- orixinalidade na argumentación e relato de viaxe, redacción: 20%
- variedade de medios incluídos na bitácora: fotografías, vídeos, enlaces http, documentación variada… 20%
PISTAS E MATERIAIS
Xeografía:
- Tanto na Galipedia como na Wikipedia tedes materiais para vos ir iniciando.
- Web do Departamento de Clásicas dun colega dun colexio de Marín…
- E, por último, no seu blogue, Verba Volant atoparedes cuestionario, enlaces, etc.
Historia:
- Recursos Palladium na páxina do MEC
- Por suposto, a Galipedia
- Unha guía para coñecer algúns personaxes da historia grega cos que sen dúbida vos atoparedes no voso periplo.
AS VOSAS BITÁCORAS
A viaxe comezou… o lugar o momento de partida son aquí e agora e a meta, o coñecemento da historia e xeografía de Grecia…
2 Respostas to “Viaxe á antiga Grecia”
Deixa unha resposta