SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Outra foto
Abr 30th, 2009 by Fendetestas

Diego propón outra adiviña, onde se atopa esta porta da foto?

Na inscrición pode lerse:

FERDINAN    DVS ROM
GERMAN     HVNGAR
BOEM ZC     REX INFA
HISP ARC    HI AVSTR
DVX BVR    GVND ZC
ANNO     M D LII

PISTAS:

1.- O texto debe dicir algo semellante a isto:

Ferdinandus Romanorum Germaniae Hungariae Boemiae etc. Rex Infans Hispaniae Archidux Austriae Dux Burgundiae etc. Anno MDLII.

2.- O Fer(di)nando que aparece tiña como lema a seguinte frase latina: Fiat iustitia et pereat mundus.

3.- Acumulou moitos títulos, pero aínda máis fillos… cando menos lexítimos!!!

4.- Esta porta recibe o nome da garda persoal deste emperador e que aínda hoxe en día é o corpo de seguridade do xefe do estado máis pequeno do mundo.

Ben, polo de agora xa ides servidas e servidos para a ponte-fin de semana…

Biblioteca
Abr 30th, 2009 by Fendetestas

Tania Vázquez estivo nesta biblioteca e fixo unhas fotos. Propón que intentemos averiguar onde se atopa seguindo as pistas que ela mesma nos irá proporcionando.

Eu aínda non o dei averiguado.

Disque agora, esta biblioteca, está pechada e que nos debemos fixar en que se poden apreciar nos corredores os escudos das catro provincias galegas…

Onde está Tany?


Outra…
Abr 25th, 2009 by Fendetestas

Vexo que sodes quen de adiviñalas todas… así que vos envío un saúdo dende a costa xunto con esta adiviña mariñeira:

MITTO TIBI NAVEM PRORA PUPPIQUE CARENTEM

mitto,-is,-ere: enviar

tibi: dat sg. pron. 2º pers.

navis,-is: nave, barco

prora,-ae: proa

puppis,-is: popa

-que: conx copulativa postposta

carens,-ntis: part. pres. do verbo careo,-es,-ere: carecer, faltar

que vos envío?

***

E agora, quen pode adiviñar a que canción pertence esta estrofa?

LAC BOVEM HABEO FERENTEM

PRAE CETERIS EXCELLENTEM

DONAT MIHI LAC COAGULATUM

O PRODIGIUM VENUSTATUM…

Imos xogar ás adiviñas
Abr 22nd, 2009 by Fendetestas

A ver quen resolve esta adiviña:

EGO SUM PRINCIPIUM MUNDI ET FINIS SAECULORUM.

SUM UNUS ET TRINUS, SED NON SUM DEUS… QUID SUM?

Veña… a fender a testa!!!

Clase de grego
Abr 21st, 2009 by Fendetestas

Clase de grego para nenos e nenas

Imos ver un vídeo dunha clase de grego clásico, o que nos estudamos, pero para nenos e nenas gregas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/IdUlC4sS1Qg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dúas cousas: primeiro traducirdes e segundo fixarvos na pronuncia, que diferenzas observades con respecto a como pronunciamos nós?

Clase de latín
Abr 21st, 2009 by Fendetestas

La vida de Brian (Monty Python’s The Life of Brian), Terry Jones, HandMade Films, 1979

ROMANES EUNT DOMUS

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/HA5VKgGtra4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ROMANI ITE DOMUM

Cales son as correccións que fai o centurión e por que?

Na procura da imaxe perdida!
Abr 19th, 2009 by Fendetestas

Para os que vides de consultar o blogue  Historias nas Lamas de Ciencias Sociais aquí vos deixo algunha axuda para averiguardes onde se atopa a imaxe que propón Diego:

Primeiro vos transcribo a inscrición:

AMPLISSIMAS AEDES
QVAS PRO REGIA DIGNITATE
PHILIPPVS III REX MAX(IMVS)
PACIS ET JVSTITIAE CVLTOR
EXFACIENDAS JVSSIT
FERDINANDVS DE CASTRO LEMENSIVM COMES
CATHERINA ZVNICA ET SANDOVAL
INTER HEROINAS
INGENIO ET ANIMI MAGNITVDINE PRAECLARA
ET FRANCISCVS FILIVS
IN HOC REGNO PROREGES OPTIMI
AEDIFICANDAS CVRARVNT
ANNO D(OMINI) MDCII

Amplissimas aedes quas pro regia dignitate Phillippus III Rex, maximus pacis et iustitiae cultor, exfaciendas iussit. Ferdinandus de Castro, Lemensium Comes, Catherina Zunica et Sandoval, inter heroinas ingenio et animi magnitudine praeclara et Franciscus filius in hoc regno proreges optimi aedificandas curaverunt anno Domini MDCII.

Traducir… xa o deixo nas vosas mans, pero vaia, cun dicionario de latín podedes entender algunha que outra cousa ou buscar algún que outro nome.

Pista 1: o FERDINANDVS DE CASTRO que aparece na inscrición ten a súa orixe nobiliaria nunha vila forte próxima á nosa e foi quen ordenou a construción do edificio onde se atopa a inscrición.

Pista 2: o seu primoxénito e sucesor, moi preocupado pola situación dos indíxenas de América, mesmo lle solicitou nunha ocasión ao Rei Felipe III a liberdade dos indios.

Pista 3: este fillo, que herdou os seus títulos, foi mecenas do escritor en español máis lido, con dous apelidos moi galegos por certo, a quen lle adicou a segunda parte da súa ‘enxeñosa’ novela.

Pista 4: o outro fillo, ese FRANCISCVS, herdou despois as posesións, cargos e mesmo o título de conde (COMES) que agora pertence a Cayetana Fitz-James Stuart e De Silva.

Pista 5: o autor de “El sí de las niñas” fala, nun libro de viaxes, do edificio que ten esa inscrición.

Pista 6: o nome da cidade na que se atopa o edificio sería equivalente á nosa Vilanova.

Pista 7: e, xa a definitiva… mirade aquí unha vista xeral do edificio que ten a placa conmemorativa.

Tabellae Ceratae
Abr 17th, 2009 by Fendetestas

Xa fixemos as tabellae ceratae. Agora temos que llas mostrar aos demais que non teñen a ‘sorte’ de asistir ás clases de Cultura Clásica e para que saiban como se fabrican e como se utilizan.

Nos seguintes enlaces podedes obter datos para elaborardes unha cartolina ou díptico informativo:

scripta

ies.atenea.fuenlabrada

materiasescriptorias

scriptaantiqua

Mirade aquí un sitio onde se fabrican e comercializan unhas tabellae como as que nós facemos!!! e un taller nunha clase na que as fan con plastilina.

Eis o voso magnífico traballo:


Banda deseñada
Abr 12th, 2009 by Fendetestas

Para traducirdes vós e practicarmos o relativo, os pronomes e máis os aoristos.

ὁ δοῦλος

Este volo traduzo eu pero quero que busquedes e analicedes os participios:

ή πορδήUn peido pode matar unha persoa se non ten saída
-Ai de min!

-Polo verdadeiro Baco, non me aganto!

Un peido tamén pode salvar cando sae coa súa melodía tatexa
-Ufff…
-Pr-pr-pr-preeeep!!

***

***

Máis documentación acolá e contracolá

shirts_03

Seat Exeo
Abr 11th, 2009 by Fendetestas

 

EXEO, do verbo latino exire, ‘saír, partir, irse dun sitio’ e, neste contexto ‘viaxar’.

Pica aquí para leres a explicación da compañía Seat sobre o nome do coche.

***

E agora o anuncio de televisión…

CY-fWamaoug


ACTIVIDADES

  1. Que personaxes da Odisea aparecen no vídeo?
  2. Atopas algún erro cando citan a cada personaxe? A versión francesa ou a inglesa do anuncio, se cadra, está mellor.
  3. Tes escoitado a publicidade na radio? Tamén ten un erro na tradución do verbo exeo, como o traducen?
  4. Hai unha palabra que moita xente pensa que é inglesa pero que é xenuinamente latina, e é a terceira persoa do singular do presente de indicativo do mesmo verbo latino que lle dá nome ao coche. Sabes cal é?
  5. Que adoitaba utilizar SEAT para denominar os seus modelos de coches? Pon exemplos. Hai uns anos houbo, en Galicia, unha polémica co nome dun deles. Lembras cal e por que?
  6. Averigua de quen é o poema que se escoita? Busca o autor e o poema completo, aquí che deixo unha pista envelenada. Despois de lelo, resúmeo nunha idea.
  7. Non che será difícil atopar en youtube (re)interpretacións dese poema. Copia os enlaces e comenta a que máis che interesase.
  8. Atopa outros referentes actuais sobre este mito, p.e. Ulysses de Franz Ferdinand.
  9. Busca outros modelos de coches que teñan relación co mundo clásico… douche un no que se cadra xa pensaras ti: o Renault Clío (musa da Historia).
  10. Investiga por que lles puxeron eses nomes.

Envía as respostas ao meu enderezo electrónico ou déixaas nos comentarios

Aquí outro automóbil mitolóxico con animación ao estilo Ray Harryhausen

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qeqpHGhYLRw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

  1. Que personaxes aparecen no anuncio?
  2. De que obras da literatura están extraídos e en que pasaxes aparecen?
  3. Que símbolos e atributos divinos puideches ver?
  4. Quen foi Ray Harryhausen? Que películas fixo?
  5. Busca algún fragmento mitolóxico das súas pelis en youtube.

Outro vídeo do Seat Exeo

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa